Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un milladoiro para unir unha parroquia

Un milladoiro para unir unha parroquia
milladoiro pozacas cerqueda Así vai a creación do MIlladoiro das Pozacas Espectacular como está quedando o Milladoiro das Pozacas, apadriñado polos veciños da parroquia de Cerqueda. Un Milladoiro feito coas mans e a implicación dos veciños dándolle un valor simbólido de unidade da parroquia xigante, pero que ademais serve para recuperar un espazo público que estaba esquecido, cheo de silveiras e fiunchos e que dignifica tanto o local sociocultural das Pozacas e como o flamante e novo local da UD Cerqueda. I é que o Milladoiro verase entre os dous muros dos dous locais sociais, sendo visible ademais desde a estrada local que pasa diante deses dous edificios.

Un símbolo

O milladoiro, ademais de simbolizar a unión dunha parroquia tremendamente asociativa e combativa, simboliza o traballo comunal do rural á vez que a fertilidade das agras de Cerqueda. Polo de pronto están sendo un grupo de 5-8 persoas os que cada sábado e baixo a dirección do mestre canteiro Manuel Díaz Fernández, coñecido como Calviño de Folgueira, está achegándose cada sábado ao lugar para traballar O milladoiro medirá case 3 metros de altura e vai levar de remate unha cruz coma as dos cabazos, así como pedras saíntes e algún forneliño nos costados. Para a súa construción (terá unha forma de palleiro) están a utilizar as pedras dun valado que cruzaba en diagonal unha parcela apegada ao local social das Pozacas pola zona traseira. Con isto crean outro espazo de lecer que contará cos seguintes elementos: parque infantil homologado (xa existente), pequeno souto de castiñeiros (prantarano en canto se remate o milladoiro), aniñadoiros para paseriformes, céspede e peche con loureiro real (non con tullas foráneas). O peche-seto con loureiro real servirá tamén para zona de aniñamento de aves, tan escaso desde que o proceso de concentración parcelaria eliminou valados e setos. Así, cando os do Cerqueda (ou outros) queiran facer unha churrascada cos seus xogadores/asociados disporán desa zona verde.

Queres participar?

Cada sábado, pola mañá, os que se queiran apuntar a botar unha man, só teñen que contar co 650 256 874. Ata que se remate, e sempre que o tempo o permita, alí estarán os voluntarios.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios