xoves. 01.05.2025
El tiempo

Vai de talleres en Malpica

Vai de talleres en Malpica

En marcha xa os talleres que arma o Concello de Malpica en materia de manualidades, para todos os sectores.

Por un lado o pasado venres arrincaron os talleres de manualidades para persoas maiores ou con diversidade funcional, nos que este ano participan 50 persoas: 23 no obradoiro de maiores de Malpica, 19 no de Buño e 8 no destinado a persoas discapacitadas.

Os obradoiros celébranse no Centro Cívico de Malpica e na Casa do Oleiro de Buño cos seguintes horarios:
- Manualidades Terceira Idade en Buño: os mércores e os venres, de 15:45 a 17:45 h. (Casa do Oleiro).
- Manualidades Terceira Idade en Malpica: os martes e venres, de 16:00 a 18:00 h. (Centro Cívico).
- Manualidades para persoas con diversidade funcional: os luns e venres, de 10:30 a 12:30 h. (Centro Cívico).

Actividades da Concellería de Cultura

Ademais, do 18 ao 29 de setembro, por outra banda, estará aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de manualidades, tanto para nenas como para adultas. As persoas de 15 a 55 anos poderán participar a partir do 5 de outubro nas sesións semanais que se levan a cabo no Centro Cívico. Este ano serán os xoves de 18.30 a 19.30 horas, e a cota será de 11 euros ao mes.

Tamén haberá manualidades infantís, para nenas e nenos de 3 a 14 anos. Neste caso crearanse catro grupos en Malpica, que iniciarán a actividade o 4 de outubro ás 16 horas, e un en Buño, que se poñerá en marcha o 2 de outubro ás 17 horas. A cota é mensual, 11 euros, e inclúe unha sesión semanal dunha hora de duración.

Para os pequenos da casa a EMAE (Escola Municipal de Actividades Escénicas) tamén organiza obradoiros de animación teatral. Haberá catro grupos en Malpica (de 4 e 5 anos, de 6 a 8, de 9 a 12 e maiores de 12), e un en Buño (6 a 12 anos). O custe mensual é de 16,29 euros, pero os rapaces que asistan aos talleres de teatro e manualidades terán cota reducida e pagarán 19.54 euros ao mes polas dúas actividades.

Máis información e inscricións no Departamento de Cultura, no Centro Cívico ou no teléfono 981 707 104.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios