venres. 09.05.2025
El tiempo

Varias parroquias de Malpica verán melloradas as súas estradas

Varias parroquias de Malpica verán melloradas as súas estradas

O POS 2016 permitirá mellorar a rede viaria en varias parroquias do concello de Malpica grazas a un investimento que supera os 65.000 euros. Segundo informou o alcalde, Eduardo Parga, xa están adxudicados o proxecto de pavimentacións nas Pozacas, Filgueira, Castro, Leiloio e Pedrairiña e o de conservación e mantemento do firme en Escras e Mens, Oratorio, Badarra. O primeiro será executado pola empresa Excavaciones Cernadas Valiña por 25.928,35 euros, mentres que o segundo correrá a cargo de Construcciones López Cao por 38.998,30.
Dentro do POS 2016 tamén está incluída a mellora das infraestruturas na travesía da Camuza.

Contrato de limpeza con Aspaber

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, vén de asinar a prórroga do contrato con Aspaber para a prestación do servizo de limpeza viaria durante un ano máis, por un importe de 14.899,69 euros. Aspaber encárgase do servizo en Malpica dende mediados do ano 2013. O contrato inclúe limpeza viaria, varrido e baldeo, así como limpeza de papeleiras, carteis e pintadas. O goberno municipal de Malpica renova deste xeito o seu compromiso coa integración laboral das persoas discapacitadas. Nese sentido, Eduardo Parga destacou a importancia de que as Administracións públicas sexan as primeiras en dar exemplo para que a integración laboral das persoas con diversidade funcional poida producirse con normalidade tamén no ámbito privado. Ademais do servizo de limpeza viaria, o Concello de Malpica tamén ten asinado un contrato coa UTE Máis Porvir-Combina Social (empresas creadas e xestionadas polas asociacións Íntegro de Cogami) para o servizo de conserxería no pavillón polideportivo e no CEIP Milladoiro, ao que se incorporan hoxe. O contrato ten unha vixencia dun ano, prorrogable por outro, e permite a inserción laboral de dúas persoas con discapacidade física.

Fútbol praia

Futbol praia en Malpica

As nenas e os nenos que participaron este verán na liga infantil de fútbol praia de Malpica remataron onte a súa aventura deportiva cunhas interesantísimas finais de liga, copa e champions.

Este ano participaron na liga de fútbol praia máis de setenta nenos e nenas de 7 a 15 anos de idade. O concelleiro de Deportes destacou a boa acollida que ten cada ano esta actividade e amosou a súa satisfacción polo incremento do número de participantes. Así mesmo, Iago Espasandín lembrou que do 29 ao 31 deste mes levaranse a cabo os cursos de kayak organizados polo Club Náutico de Malpica para pequenos/as de 9 anos en diante, cos cales rematará a oferta deportiva da época vacacional.

Fonte

  • Concello de Malpica

Comentarios