Venres. 26.04.2024
El tiempo

Volve a XVIII Mostra de Teatro Malpica como referente comarcal

Programa MOSTRA TEATRO Malpica Outono 2022
Programa MOSTRA TEATRO Malpica Outono 2022
Volve a XVIII Mostra de Teatro Malpica como referente comarcal

Un ano máis chega a XVIII Mostra de Teatro Malpica. O auditorio do Centro Cívico acollerá a partir do 28 de outubro e ata o 9 de decembro, unha obra de teatro cada semana, ás 20:30h. A idea é familiarizar ao público co mundo do teatro e facerlle sentir todo tipo de emocións a través da interpretación.

A Mostra comeza o vindeiro venres, 28 de outubro, coa comedia “O porco de pe”, que está recomendada para maiores de 14 anos.
O venres 4 de novembro con “A lúa vai encuberta”, gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.
A semana seguinte, o venres 11 de novembro será a quenda de “Hugo”.
O venres 18 de novembro haberá unha obra para toda a familia, “Mai mai”.
O venres 26 de novembro poderán asistir á comedia “Feminissimas”. 
Xa o venres 2 de decembro poderán emocionarse coa comedia dramática “Amantis”.
Ao día seguinte, o sábado 3 de decembro, Culturactiva interpretará “As alumnas”.
E por último, o venres 9 de decembro, Talía Teatro coa “A parábola de angazo” pechará a Mostra de Teatro Malpica.

Podedes solicitar información sobre as entradas no departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica en horario de 9:30h a 14:00 ou chamar ao 981 707 104.
 

Comentarios