Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Walter Pardo fala nos #DirectosQPC sobre as misas, a piscina, o soño da dársena, o pediatra, o mar, a Croa do Castro...

Walter Pardo fala nos #DirectosQPC sobre as misas, a piscina, o soño da dársena, o pediatra, o mar, a Croa do Castro...

Continuamos este xoves 11 de maio nos #DirectosQPC, ca nosa rolda de conversas de cada martes e xoves cos alcaldes e alcaldesas da comarca, toca a décima parada municipal. Falamos con Walter Pardo, alcalde socialista que no seu primeiro ano ao mando do Concello se atopou toda esta situación estrana que vén de cambiarnos a vida a máis de medio mundo.

Pardo recoñeceu que cada palabra dun alcalde é mirada “con lupa”, pero apuntou que o estado de saúde do tripartito é moi bo. Sobre a relación coa oposición recoñeceu que “hai tiranteces” pero ao mesmo tempo recoñece que hai cousas que foron correntamente recordadas como o regular estado do Ecomuseo do Forno do Forte, recentemente aberto con obras a medias.

A nivel económico apuntou que se ben xa teñen unhas bases elaboradas para desenvolver un Plan de Axudas, van agardar polo Plan de Axudas para os Concellos que ten preparado a Deputación “para dentro duns 15 días”, e que vai repercutir nos negocios, autónomos…

Si que espera unha chegada masiva de visitantes para este verán, e agarda que impere o sentido común en praias e en lugares comúns, valorando que non vai haber verbenas este verán nin no Santo Hadrián nin as Festas do Mar, pero si pequenos eventos culturais ao aire libre que permita manter as normas de seguridade.
Precisamente sobre o Santo Hadrián, os 4 grupos municipais están unidos para ir falar co párroco entendendo que as misas deste ano non se deberían facer.

Valorou o exemplo que dá o Concello de Malpica, a través do edil Alfredo Cañizo, sendo un dos primeiros en ter limpo o seu treito do Camiño dos Faros (“é unha peza básica para nós”), pero lembroulle as administracións superiores que mellor lle viña unha brigada de 6 persoas todo o ano que unha de 20 só durante o verán.

Tamén quixo facer unha chamada de atención ao SERGAS criticando que este vaia ser o terceiro verán sen pediatra, nunha vila na que se triplica a poboación durante a temporada estival.

Sobre o polígono valorou que as únicas medidas que poden poñelo a andar é a mellora da comunicación, e propón tanto a supresión da peaxe da AG-55 como o desdoblamento da estrada entre Carballo (dende o Punta del Este) e a rotonda de Buño.

Dous proxectos nos que está traballando o Concello son: a posta en marcha da Piscina (que leva 11 anos seca) como Casa da Auga, da man do concelleiro do BNG Daniel García Reigía (xa teñen un cálculo estimado do que suporá); e a Croa do Castro (“temos aí unha xoia”), no que xa colaboran 9 voluntarios inseridos nun equipo de traballo que volverá xuntarse a semana que vén.

Falou longo e tendido do mar, “o sector eternamente esquecido da Xunta de Galicia”; un asunto que ademais coñece de primeira man, sobre as malas decisións que se levan tomado en Europa sobre o reparto de cotas para Galicia; e tamén sobre as necesarias obras de seguridade no porto de Malpica que a Xunta segue retrasando.

Para rematar lembrou o seu soño: a dársena do porto de Malpica, que a pesar de a calculadora non ten espazo para tantos ceros, sería “unha salvación económica e social para o Concello de Malpica”.

Todos os #DirectosQPC

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

Comentarios