Martes. 19.03.2024
El tiempo

Inés Monteagudo: "O máis duro foi ver a tristeza que sufriron as moitas persoas maiores que estaban soas"

Inés Monteagudo: "O máis duro foi ver a tristeza que sufriron as moitas persoas maiores que estaban soas"

Facemos a outra parada desta rolda de alcaldes e alcaldesa nos #DirectosQPC das 15:00h na páxina de FB de Que pasa na Costa. Unha rolda que pretende facer unha ollada ao futuro inmediato, para ir vendo como os concellos poden ir axudando a paliar esta crise.

Xa temos pasado por Santa Comba, Camariñas, Mazaricos, Vimianzo, Dumbría e hoxe facemos parada en Muros, para falar con Inés Monteagudo. A popular cumple un ano á fronte do concello muradán, nun goberno en minoría nun pleno que leva anos sendo bastante bronco.

Monteagudo comezou descibrindo como foi a reestruturación da organización municipal polo coronavirus, e como delegada de Servizos Sociais recoñeceu que “o máis duro foi comprobar a tristeza das moitas persoas maiores que estaban soas”. En todo caso, quédase co postivo e coas mostras de solidariedade que agromaron como eses máis de 100 voluntarios que colaboraron, por exemplo, na creación de máscaras.

Asegurou que “nunca se sentíu falta de información pois os traballos de prevención os tiñan que facer os concellos igualmente sen necesidade de violar a confidencialidade”.

En clave económica, están negociando cos hostaleiros como reorientar as campañas, ademais de presentar unha proposta á xunta de portavozas para eliminar a taxa das terrazas, e ofrecen o acompañemento con información e asesoramento, ademais de entregar un kit de reapertura. Tamén valoran a posibilidade de aproveitar as máquinas de desinfección para desinfectar establecimentos.

As obras de saneamento en marcha do Curro da Praza están no treito final, e asegura que axilizaron a licitación de obras que tiñan pendente (“ata do POS 2017 da Deputación, que estaban sen executar).

En clave de infraestruturas asegurou que as obras de rehabilitación do Cine Vello están paradas pois a empresa é de fóra da provincia, pero que volverán e que antes de que remate o ano a cuberta estará rematada. O proxecto de convertir a Lonxa Vella nun centro de dinamización, un proxecto que estaba pedido á UE, terá que ser reformulado unha vez que vai haber unha “reestruturación das liñas de axuda dos Fondos Europeos cara un axustamento da actividade económica ao sector privado”.

Valorou a actitude positiva da oposición na pandemia pero “botei de menos un pouco máis de interese”, agás da edil do BNG, que agradeceu que a chamase.

Falou de praias e conta con que "en xullo, sen poden vir os turistas estranxeiros, non ten sentido que haia limitación de aforo nas praias ou restaurantes”.

Mañá venres volve haber mercadillo xa, pero só de postos agro-alimentarios, unha vez que o espazo do casco vello e do paseo marítimo é o que é.

Afirmou a importancia do sector do marisqueo e mexillón unha vez que “en Muros hai moi pouca pesca artesanal”, cando son 70 os barcos de baixura no porto muradán cunhas 200 persoas enroladas, ademais do traballo xerado na lonxa.

Espera axudar ás asociacións organizadoras das Carrilanas e Castelo Rock a programación de eventos máis pequenos e que poidan poñer o foco na creación musical local, poñendo en valor a canteira da #SalaNasmo. Ademais, recoñeceu que a liña de axudas ás asociacións está paralizada pola carga de traballo.

En materia deportiva, analizou os 3 proxectos que hai arredor do Campo de Futbol do Eleuterio Balayo, e conta coa chegada da Vuelta para o 3 de novembro.

Entrevista á alcaldesa de Muros

 

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

Comentarios