Venres. 19.04.2024
El tiempo

Pequeño nos #DirectosQPC: “Temos que ofrecer seguridade e confianza para evitar a masificación”

Pequeño nos #DirectosQPC: “Temos que ofrecer seguridade e confianza para evitar a masificación”

Volvemos hoxe a Dumbría na rolda de alcaldes e alcaldesas que facemos cada martes e xoves nos #DirectosQPC. Onte falabamos en clave deportiva con César Ferrío, e hoxe facémolo co seu alcalde José Manuel Pequeño para seguir facendo unha ollada de futuro, para ver como os concellos poden apoiar a superar esta crise derivada da pandemia do covid-19.

Moitos foron os temas tratados, enfocados no turismo, no Camiño, nas infraestruras. Considera que este ano pode que haia masificacións, e que mellor sería dar perdido o ano turisticamente, invitando aos hostaleiros e veciños a “facer as cousas ben, trasmitir seguridade e confianza para que o ano que vén sigan falando ben de nós”.

Deixou claro que pode facer un concello para axudar a paliar a crise. “Nós temos que axudar a traer clientes, de fóra pero tamén que os de aquí poidan consumir. Se un concello poñe en circulación 1 millón de euros en soldos, podemos mover a economía”.

Sistema de control de aforo nas praias

Pequeño debullou a idea que ten para controlar o aforo e transmitir seguridade e confianza na praia do Ézaro. A idea é entregar mangueiras, de cores coma todo en Dumbría, para que cada visitante faga un “círculo de seguridade”. “Ademais, imos reforzar con persoal de limpeza”.

Comunicación entre administracións e eleccións

Apuntou tamén que a “comunicación da Xunta aos Concellos foi nula. Tiñamos protocolos ordeados polo goberno central para levar a cabo nas casas onde había casos, pero non sabíamos en que casas había casos”, criticou.

Aproveitou para criticar que non está dacordo coa convocatoria de eleccións para o 12 de xullo, por unha falta de seguridade “que case me obriga a dicirlles aos veciños que non vaian a votar.

Ademais, en clave de infraestruturas, “non me creo que vaia facer o novo treito da Autovía este ano. Levan 4 anos con ese proxecto e o sacan xusto hai agora…”

Xeal e Eólicos

Tamén falou da súa postura ante os conflito laboral de XEAL, facendo referencia aos donos históricos das fábricas, e a posible chegada doutro parque eólico ao Concello.

Promoción conxunta

De cara á promoción conxunta da Costa da Morte (falou do Camiño de Santiago, do Camiño dos Faros, do Vakner, do Monte Pindo e da necesidade den conectalo coa Fervenza e mesmo con Gures ou Caneliñas, das obras da Fervenza do Ézaro e dos novedosos proxectos de futuro), deixou a idea de ter que poñer o foco en varios puntos estratéxicos. “Queremos vendelo todo. Temos unha tenda de baratijas e temos que escoller 1-2-3 produtos que chamen moito a atención e promocionar aí”. Desa idea nace a proposta de utilizar os granfdes eventos deportivos como escaparate turístico.

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

Outros DirectosQPC

Comentarios