Luns. 07.10.2024
El tiempo

Walter Pardo (PSOE Malpica): “Non vou pactar con Cañizo”

A poucas horas de pechar a campaña, publicamos esta conversa con Walter Pardo, candidato do PSOE de Malpica, que aspira a recuperar a alcaldía despois de 2 anos na oposición tras unha moción de censura.
Walter Pardo candidato do PSOE de Malpica
Walter Pardo (PSOE Malpica): “Non vou pactar con Cañizo”

Pareceume que quedou demostrado que todos os candidatos sabemos o que necesita este concello. Creo que as persoas que estiveron vendo o debate só sacaron en claro que candidato lle dá máis confianza ou lle chegou máis. Pero o contido foi moi plano.

 
  • Xa avanzaches que tes unha clara liña vermella de cara ao post votación.

Teño unha linea vermella coas políticas turbias, coas políticas da amenaza e coas políticas caciquís e de favoritismos, por iso non se pode negociar con partidos que defendan esas políticas. Malpica necesita un proxecto global onde se trate a todo mundo por igual e sea unha política transparente e de progreso.

Com dixen o outro día, teño claro que non vou volver pactar con Cañizo.

 
  • Falabas o outro día dun completo proxecto que comeza na ampliación do dique e remata coa creación dun selo de calidade pasando pola lonxa e o mercado municipal. Debúllanos esa idea?

No seu momento, o Concello de Malpica foi esplendoroso. Tiña un porto que era referente en toda a costa galega, tiña a olería da que vivían ben moitas familias, o agro era un método de vida que che permitía vivir ben... Pero o mundo foi cambiando moito e Malpica non soubo adaptarse.
Isto hai que revertilo. Temos que modernizarnos. Hai que pensar ó grande.
A maior industria do noso concello é a pesca e hai que blíndala e, para iso, temos que loitar por ter as mellores instalacións portuarias posible. Iso é moi caro, si, pero os cartos non os pon o concello se non as institucións superiores. O concello o que ten que facer é poñer en valor o noso. Ben seca cun selo de calidade para os productos alimentarios ou con un bo programa de marketing responsable para o noso patrimonio.

 
  • Que pode facer un alcalde para mellorar a economía e dinamizar o polígono?

O alcalde de Malpica de Bergantiños ten que ser un bo comercial. Ten que enseñarlle ao mundo o bonito e interesante é o noso concello. O polígono industrial de Malpica ten moitas posibilidades para moitos tipos de empresas. Puxen o exemplo, o outro día, de empaquetadoras, conxeladoras, etc… relacionadas co mar.

 
  • O aparcamento no verán? Hai visos de solucionalo?

O aparcamento é o gran problema do núcleo de Malpica. A plazo medio hai que atopar un lugar onde emplazar un aparcamento grande pero a corto prazo o máis factible serían contratos comodato en parcelas pequeniñas onde aparcar 4 ou 5 coches.

 
  • Tiñas ideas en materia deportiva. Que é dese skate park? Pode ter Malpica unhas instalacións como as do Conco?

O deporte dun concello ten que ser algo vivo, que avance coa xente. E, agora mesmo, en Malpica hai moitos nenos que practican skate de xeito autodidacta. Pois, se temos onde emplazala, hai que facer unha pista de skate.
Si, por suposto que podemos chegar a ter algo como o do Conco. Por qué non? Temos unha casa da água, un pavillón ao lado, un colegio e un centro cívico ao lado,un campo de fútbol moi pretiño, e todo a 5 min andando do centro do pobo.

 
  • En materia de conciliación e servizos sociais propós a creación dun cheque bebé e o servizo de madrugadores. Para que valerán?

En Servicios Sociais e conciliación o principal é oír á xente. Pero hai cousas que cremos importantes, como ter en bo estado todos os edifícios sociais do concello e con fácil acceso para todos o veciños para que sexan un punto de encontro para ir a xogar ás cartas, tomar un café e compartir tempo. Tamén nos parece fundamental ter unhas instalacións e un plan de emerxencias para personas que necesiten abandonar os seu fogar de xeito repentino (ou ben por maltrato ou ben por incendio ou ben por…).
E o cheque bebé pensamos que pode axudar aos papás nos primeiros meses de vida dun neno que é onde máis inversión hai que facer.

 
  • É realmente viable rescatar a Casa da Auga?

É viable. Si. Hai que facer unha inversión inicial pero non é para tanto nin ten que sair todo das arcas do concello. Hai axudas tanto estatais como europeas para eficiencia enerxética. E unha vez que a poñas a funcionar, a casa da auga será un gran atractivo tanto para os nosos veciños como para os veciños de concellos limítrofes.

 
  • Resume cal é o teu proxecto para Malpica:

O noso proxecto para Malpica de Bergantiños é a planificación dos servicios diarios (limpeza, recolhida, suministros). É a modernización respetando as tradicións. E é a construción respetando o medio ambiente.
Pero, sobre todo, é respetar aos nosos veciños, escoitalos e tratalos con empatía. Serlle sincero sempre e non intentar nunca coaccionalos.
O noso proxecto para Malpica é entendela e atendela. E se hai algo que nós non sabemos, preguntar.
/

Comentarios