Luns. 06.05.2024
El tiempo

Walter Pardo: “Quitáronme do medio coa moción da vergonza pero nunca me arrebatarán a ilusión de volver á alcaldía”

PSOE MALPICA 1 2023
Walter Pardo: “Quitáronme do medio coa moción da vergonza pero nunca me arrebatarán a ilusión de volver á alcaldía”

Noite electoral a deste sábado 6 de maio. En Malpica era Walter Pardo o que presentaba a súa candidatura para intentar recupera a alcaldía perdida trala moción de censura realizada entre o Partido Popular de Eduardo Parga e Alfredo Cañizo. “A moción da vergonza”, como sempe a califica o candidato. “Quitáronme do medio coa moción da vergonza pero nunca me arrebatarán a ilusión de volver á alcaldía do que máis quero: Malpica”, espetaba Pardo recén comezado o seu discurso.

Centro Civico de Malpica nun mitin do PSOE

Arroupado por compañeiros da comarca e polo Secretario Provincial Bernardo González, Pardo deixou laro que “estou aquí porque teño unha conta pendente con Malpica, e vimos continuar o que comezamos hai catro anos”. “Euero a Malpica con todo o profundo do meu corazón, por iso me parte a ialma en cen pedazos vela sumida neste estado de deixadez institucional”, en referencia ao novo goberno de coalición entre Parga e Cañizo.

Walter quixo agradecer “a toda e cada unha das persoas que integran a lista. “Todos e cada un destes nomes son imprescindibles para min, e sei que o serán o 28 de maio tamén para Malpica” e confirmou que “teño a ilusión intacta. Temos a ilusión intacta. E aprendimos moito dos erros. Somos os mesmos que hai catro anos, pero coa experiencia da lexislatura mais complexa en 50 anos. Fixemos cousas boas para o noso pobo, e tamén erramos, porque somos humanos. Pero o que fixemos, sempre, foi escoitando á veciñanza e desde o máis absoluto sentimento de pertenza a esta vila, a Malpica”.

Tamén apareceu en vídeo o ministro de Pesca do Goberno de España, Luis Planas, para amosar o apoio á candidatura “nesta localidade que tanta raíz e tradición pesqueira ten”. “Quero expresar o meu persoal apoio á candidatura, sobre todo sabendo o que poden facer polo futuro de Malpica, do emprego, da actividade económica e particularmente da pesca”, engadiu.

PSOE MALPICA 2 2023

Máis novas das Eleccións

Artigos relacionados

Comentarios