Xosé Manuel Varela fai realidade a transmisión xeracional coas lendas de Malpica


Segue espallando o noso patrimonio inmaterial o filólogo e dinamizador cultural Xosé Manuel Varela Varela. A semana pasada tocaba cita cos maiores de Malpica, onde a orde do día indicaba máis escoitar que contar. Pero non será porque Varela ten pouco que contar, e se non que llo pregunten aos alumnos malpicáns que xa puideron desenvolver o Obradoiro de Lendas que vén de desenvolver nas Aulas de Lecer de Buño e Malpica.
Deste xeito, a transmisión xeracional da literatura oral é un feito no concello malpicán. Onte Xosé Manuel Varela reuniuse cun grupo de alumnos do colexio Milladoiro que demostraron ser coñecedores das principais lendas do municipio, nalgúns casos con variantes, e case sempre a través dos seus avós.
Os interesantes talleres continuarán o día 21 no IES Urbano Lugrís pola mañá e no CEIP Xoaquín Rodríguez Otero pola tarde.
Pero ademais, o próximo obxectivo será divulgar nunha publicación ilustrada estas interesantes mostras de tradición que abranguen a totalidade das parroquias do concello.

Novas relacionadas
- Os poetas populares de Cabana xa teñen o seu libro gracias á divulgación de Xosé Manuel Varela.
- Xosé Manuel Varela edita a Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños.
- E Rosalía tamén rendeu homenaxe a Fermín da Feiranova.
- O pandereteiro de Neaño Plácido Vigueret.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).