Xosé Manuel Varela presenta o seu Grilo Míllelo


”O grilo Míllelo”, libro publicado no selo editorial de Edicións Embora de Ferrol, é a nova publicación de Xosé Manuel Varela. Non é unha obra de autor individual, senón un proxecto colectivo que combina narrativa, poesía, música, voces, ilustracións e teatro. O texto corre a cargo de Xosé Manuel Varela Varela e Icía Varela Gómez. As ilustracións son do betanceiro Xosé Tomás. A música do malpicán Suso Moreira. As interpretacións musicais corren a cargo de Gabi Pérez Varela (saxofón), Lucía Dourado Novo (gaita) e Icía Varela Gómez (acordeón). As voces son de María Moscoso Veiga, Andrea Suárez Ceán, Ángela Varela Doldán e Claudia Suárez Rivas.
O libro encádrase dentro do xénero da narrativa infantil na franxa de idade de primeiros lectores. Na web de Edicións Embora tamén se pode descargar a partitura musical e o poema para cantar. O volume presentarase por primeira vez ó público o vindeiro venres 2 de xaneiro ás 11.15 h no programa Voces de Bergantiños da emisora Radiovoz en Carballo. Nela participarán o ilustrador, Xosé Tomás; os autores, Xosé Manuel Varela e Icía Varela; o músico, Suso Moreira; os intérpretes musicais Gabi Pérez Varela, Lucía Dourado e Icía Varela Gómez; e as voces de Andrea Suárez Ceán, Ángela Varela Doldán e María Moscoso Veiga.
O sábado 3 de xaneiro, ás 12 h, autores, músicos e ilustrador darán a coñecer a publicación na libraría Biblos de Betanzos, cuxo propietario é o escritor e xornalista Tucho Calvo. Á parte de falar da xestación do proxecto a cargo dos seus autores, Xosé Tomás dará a coñecer unha experiencia creativa desenvolta nestas semanas co seu alumnado do obradoiro de ilustración que desenvolve na Cidade dos Cabaleiros. Nel, os participantes fixeron ilustracións persoais a partir do texto orixinal de Xosé Manuel Varela e Icía Varela Gómez e poderán contrastar as súas creacións coas do propio libro. A xornada betanceira pecharase coa intervención musical da canción d’O grilo Míllelo.
A terceira cita da fin de semana terá lugar no Salón de Actos da Casa do Pescador de Malpica de Bergantiños, o domingo 4 de xaneiro, ás 19 h. Ofrecerase unha representación teatral baseada nesta narración a cargo do Obradoiro de Animación Teatral do Concello e ademais Xosé Tomás debuxará en directo. Intervirán tamén Xosé Manuel Varela, Icía Varela Gómez, Miguel Toval de Edicións Embora, Suso Moreira e os músicos e voces. O acto estará presidido polo Alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga.
Novas relacionadas
- Unha viaxe na lavadora de Cuqui.
- Pondal une á cova céltica da literatura da Costa da Morte.
- 7 autores demostran que a Costa da Morte é unha potencia en literatura infantil.
- Unha Semana moi literaria para os pequenos de Dumbría.
Novas literarias
- Rivadulla Corcón e Viki Berre publican un novo libro infantil de sabor muxián.
- O Nenoserpe viaxa polas pedras do Monte Pindo.
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
- Estevo Creus e a segunda balea.
- Rivadulla Corcón leva a lenda da Furna da Buserana a un libro.
- A ceense María Canosa Blanco faise pura.
- Poesia, pintura e libros achegan a cultura á mocidade de Cee a través dos concursos.
- Xosé Manuel Varela Varela: Castelao por Concha Blanco e Neira Vilas por María Canosa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).