Rivadulla Corcón e Viki Berre publican un novo libro infantil de sabor muxián

09:35 22/04/14

Encantados estamos de presentar o novo libro infantil que vén de sacar X. H. Rivadulla Corcón, que chega ademais ilustrado pola súa sobriña, a nova artista costeira, Viki Berre, que firma así o seu primeiro traballo como ilustradora. “Soños de Mar”, da Colección Merlín da Editorial Xerais, como case todas as historias de Corcón, transcorre en Muxía, e conta a historia de Álex, un neno de 6º de primaria que quere ser poeta.
Unha historia de versos e monstros, unha aventura inspirada pola lírica medieval galega e pola cultura mariñeira, feita na casa e para seguir demostrando que a Costa da Morte é potencia en materia de literatura infantil. E se autores temos por ducias agora ademais, xa podemos dicir que contamos con ilustradores de renome.
Máis información
- Xerais: ”Soños de mar”.
Novas relacionadas
- Os alumnos do Cole de Dumbría arrincan a súa viaxe literaria pola Semana do Libro.
- Viki Berre: “Que a Barca nos leve a alma, pero non o sentido común”:
- O blog de Viki Berre.
- Rivadulla Corcón gaña o seu cuarto Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil.
- Aprendendo a disfrutar a arte de escribir de primeira man.
- 7 autores demostran que a Costa da Morte é unha potencia en literatura infantil.
- Rivadulla Corcón leva a lenda da Furna da Buserana a un libro.
- Rivadulla Corcón visita aos “piratas” dos Muíños.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).