Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As ‘Zoquiñas vermellas’ recadaron máis de 1000 euros para a loita contra a violencia de xénero

Proxecto de Zoquina Vermellas
As ‘Zoquiñas vermellas’ recadaron máis de 1000 euros para a loita contra a violencia de xénero

Coa volta ao día a día, o proxecto Zoquiñas Vermellas volve a moverse. O proxecto de axuda á loita contra a violencia de xénero promovido pola Olaría de Buño e a concellería de Igualdade do Concello de Malpica, consegue xa superar os 1135 para entregar á Asociación Mirabal.

Coa flexibilización das restricións debido á alerta sanitaria provocada pola COVID-19, as zoquiñas volven a estar dispoñibles nos puntos habituais, a destacar as farmacias de Buño e Malpica, as tendas de olaría e locais adscritos a esta iniciativa. Con cada compra colaborarás coa comprometida asociación.

Hola Cerámica

A concelleira de Cultura e Igualdade do Concello de Malpica, Leticia Varela, e a Presidenta da Asociación Oleira de Buño, Carmen Isabel Labrador, queren lembrar a súa participación no foro Hola Cermámica, realizado pola Asociación Española de Ciudades de la Cerámica. Un Foro que este ano se celebra dende hoxe vernes 12 ata o domingo 14 de xuño, que se desenvolve na rede, e que ademais permita a participación de oleiros, empresas, concellos… que formen parte do mundo oleiro.

Novas reacionadas

Comentarios