Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A Reserva Mariña de Lira volve ao Parlamento

A Reserva Mariña de Lira volve ao Parlamento
Imaxe aérea da zona da Reserva Mariña dos Miñarzos, en Lira-Foto- reservasmarnas

Un ano máis a Reserva Mariña dos Miñarzos, en Lira, así como a de Cedeira, está pendente dun fío. Ou dun papel, como lle chamaron no seu día os responsables cando a Xunta anulou a vixilancia convertindo este proxecto internacionacionalmente tomado como un exemplo de sostibilidade no mar nunha Reserva de papel.

Hoxe sabemos que o asunto volve ao Parlamento, da man da portavoz de Pesca do BNG, Montse Prado que reclama da Consellería do Mar cumprir os seus compromisos económicos en materia de vixilancia e control en ambas reservas.

A deputada lembra que existe unha partida económica destinada a garantir o funcionamento das dúas reservas durante o ano 2012 dotada con 698.000 euros para repartir 342.020 en Cedeira e 355.980 en Lira procedentes no 70% de fundos europeos e o 23% da Xunta de Galiza. E piden compromiso para que esas axudas cheguen.

Lembran que o pasado 1 de agosto a Xunta eliminou o servizo de vixilancia, servizo fundamental para o desenvolvemento das actividades e que pode supoñer 10 pasos atrás de golpe. A Xunta rectificou só parcialmente renovando unha parte do servizo, non sen antes facer unhas declaracións nas que denunciaba a falta de compromiso da confraría. Veremos se finalmente as partidas aprobadas chegan ao seu destino.

Confraria de Lira

Novas relacionadas

Máis novas sobre Lira

  • Lira, protagonista do Escaravajo verde da TVE.
  • Fonte

    • Nota de prensa do BNG.

    Comentarios