sábado. 09.11.2024
El tiempo

A Reserva Mariña dos Miñarzos abre as súas cancelas

A Reserva Mariña dos Miñarzos abre as súas cancelas
Barcos no porto de Lira-Foto- O Canto da Balea

Este 2014, a Reserva Mariña dos Miñarzos abre a restrición de censo a todos os barcos do país. Foi este un dos erros, recoñecidos polos entes coordinadores, máis importantes da Reserva Mariña, que deu pé a moitas críticas por consideralo un coto pechado. Pero co novo ano a Reserva quere dar conta da súa apertura de portas e afianzarse na Costa da Morte e en Galicia no referente que xa é a nivel mundial.

A partir de xa todos os barcos que queiran poden solicitar pescar en augas da reserva. Unha reserva algo tocada pola falta de vixilancia que provoca a falta de axudas e que vive da  autoxestión dende hai tempo. E precisamente nesa liña vai a nova folla de ruta.

Xestión dende o sector

A bitácora dos Miñarzos vai no camiño da xestión propia dende o sector. Non queren depender das administracións e a idea é crear un ente de xestion onde o sector teña tanto ou máis poder de decision que as administracións, para non ter que depender das decisións políticas.

Xa está Lonxanet, unha das entidades coordinadoras, que nos asegura que só quere poñer a andar o ente e deixalo traballar, intentando poñer de acordo a todas as confrarías dende Fisterra ata Portosín. Serán elas as protagonistas no ente xestor e de aí a importancia destes achegamentos. Polo de pronto, todos os pósitos, agás o de Corcubión, xa están formando parte das xuntanzas.

Falta tamé involucrar outra das patas máis importantes do sector da pesca artesanal non só da Costa da Morte e de Galicia, senón tamén de España e Europa. A Asoar Armega perfílase como unha entidade necesaria para que este proxecto siga sendo unha referencia a nivel mundial, e que sexa realmente o propio sector o que xestione a Reserva.

Novas relacionadas

Máis novas sobre Lira

Fonte

  • Nota de prensa da Confraría de Lira.

Comentarios