Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta comprométese a apoiar unha inciativa empresarial na planta de Calvo en Esteiro

A Xunta comprométese a apoiar unha inciativa empresarial na planta de Calvo en Esteiro
Calvo-Esteiro Planta de Calvo en Esteiro, Muros A conselleira do Mar falou onte sobre o peche da conserveira Calvo en Esteiro. Rosa Quintana explicou que desde que se coñece a decisión da empresa de poñer fin á actividade nesta planta o 1 de xaneiro de 2018, a Xunta vén analizando todas as circunstancias deste feito coa empresa e cos representantes sindicais. Ademais puxo de relevo que a Xunta estará ao carón de calquera iniciativa viable que implique unha saída empresarial para a planta, veña da man dunha nova empresa ou da propia acción dos traballadores. Farao, explicou, de darse o caso, ofrecendo apoio a esa iniciativa se fose preciso, a través dos servizos e dos programas de axuda e financiamento existentes. Neste sentido, recordou a decisión maioritaria das arredor de 100 persoas que traballan en Esteiro e que o pasado 3 de novembro se manifestaron a favor de negociar o traslado, o que hai que ter en conta, máxime cando se deben barallar as condicións ofertadas pola empresa e as demandas dos propios traballadores e traballadoras. Así expuxo que se debe considerar, especialmente, entre outros aspectos, o compromiso de recolocación de todos os empregados na planta de Carballo. En canto a esta situación, lembrou que xorde dunha decisión empresarial, que cómpre xestionar desde o respecto e a legalidade, e que a empresa non conta neste momento con axudas vinculadas á permanencia desta actividade. Ademais expuxo que a actividade ficará en Carballo, onde a firma empresarial prevé investir máis de 25 millóns de euros na mellora e actualización da planta. Permisos explotacións A conselleira do Mar contestou a esta pregunta onte á tarde no Parlamento despois de sinalar que a Xunta convocou 265 novos permisos de explotación no eido do marisqueo a pé. Segundo indicou, esta cifra supón máis dun 50% das prazas que se necesitarían cubrir nos próximos cinco anos para garantir o relevo xeracional e que reflicte “que imos polo bo camiño”, subliñou a titular de Mar en resposta a unha pregunta sobre este tema.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios