Venres. 26.04.2024
El tiempo

As confrarías manteñen aos biólogos e vixilantes coas axudas da Xunta

As confrarías manteñen aos biólogos e vixilantes coas axudas da Xunta
Imaxe da Confraria de Laxe Imaxe da Confraria de Laxe

Nunca son suficientes pero son unha importante axuda para os proxectos medioambientais das Confrarías. A Xunta de Galicia vén de cuantificar as axudas que destina ás confrarías da Costa da Morte para sufragar as asistencias técnicas (sobre todo biólogos) e a vixilancia, dous aspectos claves para o bo mantemento dos bancos marisqueiros. Nestes dous anos son máis de 300.000€ os xestionados polos pósitos de Fisterra, Corme, Malpica, Muxía, Camariñas, Camelle, Laxe e Caión.

Con estas partidas as confrarías poden desenvolver accións de protección e recuperación da biodiversidade, xestión e conservación dos recursos e fomento da sensibilización ambiental. Principalmente son utilizadas para a contratación de vixilantes e dos biólogos, pezas fundamentais para a boa xestión dos recursos. De feito, os biólogos son os encargados de presentar anualmente un proxecto, para a conservación, xestión de todos os recursos de cada confraría.

Estas axudas chegan no marco dunha orde bianual, que está dotada en total con máis de 3,1 millóns de euros a repartir entre 26 confrarías da provincia da Coruña. Conta co financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e está destinada a proxectos que contribúen á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos e dos ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

Novas relacionadas

  • Malpica acolle un novo curso profesional para as redeiras.
  • As consencuencias de gastar unha “broma” ao 112.
  • Requisan outras 100 nasas sen idenficar nas rías costeiras.
  • O GALP continúa as súas Xornadas de Atención ás Confrarías por Malpica, Laxe e Caión.
  • A Confraría de Malpica pide compromiso a todo o sector para saír adiante.
  • Fonte

    Comentarios