Domingo. 13.10.2024
El tiempo

As Xornadas de Pesca do Pindo lembraron aos carpinteiros de Ribeira

As Xornadas de Pesca do Pindo lembraron aos carpinteiros de Ribeira
Xornadas de Pesca do Pindo 0 Imaxe da Inauguración das Xornadas de Pesca do Pindo Un completo repaso o que lle pegaron esta fin de semana ao mundo do mar na XII edición das Xornadas de Pesca “Construíndo Mar” organizadas pola Confraría de Pescadores do Pindo. Unha confraría que estaba ademais pendentes do alumeado do peirao, despois de 3 meses sen luz, pero que parece, segundo nos contan do pósito, que se vai solventar, unha vez que Portos de Galicia informaba a finais da pasada semana de que se aprobara finalmente o presuposto para facer o amaño e esperan telo arranxado en 15 días. Pode que ás veces as queixas na prensa dean o seu froito… Carla Esteven no Pindo Carla Estevez leu o relato gañador En todo caso, as Xornadas foron, un ano máis, moi enrriquecedoras polos contidos que se trataron que fixeron coñecer un pouco mellor a historia e evolución das carpinterías de ribeira na nosa zona e todo o derivado delas. De feito, puxeron claro que o tecido económico e empresarial que dependía da pesca neste porto era realmente incrible. A inauguración correu a cargo de Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, e a secretaria da confraría pindexa, Mercedes Díaz Mayán, acto no que se fixo entrega dos diplomas os nenos participantes nas actividades que se realizaron ao longo da semana (xogos, buceo, body board, cestería… Ademais tamén do premio o mellor relato do concurso literario que se organizou entre os colexios da zona e onde resultou gañadora Carla Estévez Outes do colexio Nuestra Sra del Carmen de Fisterra. Un relato que podedes ver ao remate da crónica. Asistentes ás Xornadas de Pesca do Pindo Asistentes ás Xornadas de Pesca do Pindo

Interesantes ponencias e debates

Xornadas de Pesca do Pindo Carpinteiros de Ribeira Os Carpinteiros de Ribeira foron protagonistas nas Xornadas Viaxes históricas ás que nos levaron os poñentes nestas Xornadas. Por exemplo, Xilberto Caamaño que falou da historia do pósito de pescadores e a sua labor o longo dos anos. Ou Santiago Llovo que lembrou as fábricas de salazón e todo o tecido empresarial creado entorno a pesca da sardiña. Tamén estivo Lino Lema que fixo subir aos asistentes ás embarcacións tradicionais repasando as súas características diferenciadoras, etc... Houbo aí un debate moi interesante entre Tuíño, un xubilado que dende sempre traballou en carpintería de Ribeira, e facía unha descrición pormenorizada de como se realizaba a construción das embarcacións de xeito totalmente artesanal e Manolito do ceguiño que tamén traballou dende neno con seu pai nun taller de carpintería de ribeira. Neste debate tamén estaba Joaquín Fabeiro, encargado da organización dos encontros de embarcacións tradicionais de Combarro que se celebrarán en vindeiras datas e que é afeccionado a restaurar antigas embarcacións de madeira. Xa o sábado as ponencias correron a cargo de Gerardo Triñanes, Oscar Fuertes e Xosé Iglesias, que falaron das características da falas dos carpinteiros de ribeira, da situación das antigas edificacións que como as fabricas de salazón ou as carpinterías de ribeira se atopan abandonadas e as dificultades para a sua recuperación ou posta en valor. Non faltou a poesía con Francisco Fernández Naval, e Marta Dacosta, lendas, relatos e patrimonio cultural inmaterialde man de Mar Llinares e música, a cargo de Miro Casabella. E como non podía ser doutro xeito, as xornadas remataron a golpe de degustación de diferentes preparacións con produtos do mar como todos os anos: tortillas de mexilóns e algas, empanadas de millo de berberechos, lapas e caramuxas, arroces con algas, mexilóns e polbo en diferentes preparacións, e un largo etc... e por suposto sardiñada e queimada co correspondente conxuro. A clausura foi a cargo de Benita Valle, directora do ISM de Muros.

O relato de Carla Estévez

Relato de Carla Estevez ganado co Concurso das Xornadas Marineiras do Pindo 2

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios