Luns. 22.04.2019
El tiempo

Atopan o corpo do pescador que caía o mar o pasado 28 de outubro en Camariñas

Atopan o corpo do pescador que caía o mar o pasado 28 de outubro en Camariñas
Imaxe do corpo atopado na praia de Portocelo en Camarinas O corpo apareceu esta mañá na praia de Portocelo en Camariñas Esta mañá de xoves 29 de novembro aparecía, sobre as 10:00 da mañá, o corpo do pescador que caera a auga a finais do pasado mes de outubro. Atopárono, na cala de Portocelo, ao carón dunha cetárea, en Camariñas. Se ben o corpo está nun alto estado de descomposición, e hai que confirmar a identidade coas probas de AND, o feito de aparecer con roupa de augas semellante a que describiran os seus compañeiros de pesca, fai indicar que se trata deste rapaz de 24 anos residente en Bertamiráns. Foron longas as xornadas de búsqueda por toda a ría, mesmo con algunha xornada intensiva como a protagonizada por ducias de efectivos de Protección Civil de toda Galicia. Operativo de busca pola zona da Ermida do Monte de Camarinas Imaxe dun dos operativo de busca pola zona da Ermida do Monte

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/efectivos-de-proteccion-civil-de-toda-a-provincia-axuda-na-busca-do-mozo-desaparecido-en-camarinas/ https://quepasanacosta.gal/buscan-un-pescador-que-caeu-ao-mar-en-camarinas/

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/localizan-con-vida-un-pescador-que-caia-a-auga-en-canduas/

Comentarios