Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carmen, a mariscadora de Quilmas

Carmen, a mariscadora de Quilmas
carmen-a-de-quilmas Rosa Quintana entrega un detalle á mariscadora muradá de Quilmas Carmen Vázquez

O pasado venres tiña lugar a entrega dos premios Berberecho de Honra, encadrado nas Xornadas de Exaltación do Berberecho da ría de Muros e Noia. Ademais do famoso bivalvo, houbo tres protagonistas con acento costeiro. O noiés Ramón Iglesias e a coñecida como Pepita da Carballa compartiron protagonistas coa Mariscadora de Quilmas, que podería ser tan coñecida como a da película “A mariñeira de Quilmas”.

Carmen Vázquez Martínez, Carmen a de Quilmas, é a imaxe corporativa do GALP Ría de Muros e Noia, e por iso a entidade quixo renderlle unha pequena homenaxe, e foi a propia Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen lle fixo entrega do detalle.

Carmen leva media vida mollando os pés na area, moi orgullosa da súa profesión. Carmen casou en Muros, cun home de Serres, e foi mariscadora na confraría muradá dende 1988. Unha confraría que a día de hoxe conta con 71 mariscadoras.

Xa leva ano e medio xubilada, e foi unha das mariscadores que aos cumplir aos 65 tivo que cotizar aínda un anos máis, porque non lle chegaban os anos de cotización, debido a que cando se instauraron as bases de cotización para estes traballadoras do mar, houbo moitas que preferiron non rexistrarse.

Carmen é de familia mariñeira, pois a súa nai, Nela, de Madanela, foi unha das precursoras deste esixente traballo.

 

Fonte

Comentarios