Venres. 19.04.2024
El tiempo

Confraría e grupos municipais volven unirse para solicitar a dragaxe do porto de Laxe

Confraría e grupos municipais volven unirse para solicitar a dragaxe do porto de Laxe
Reunion de Confraria e grupos municipais de Laxe Reunión de Confraria e grupos municipais de Laxe

Cos barcos en terra (ou en Camariñas), por mor do temporal, os mariñeiros da Confraría de Laxe volveron xuntarse para esixir a esquiva solución a todos os males do porto: a dragaxe.

Un asunto que leva anos na axenda pero que volve estar paralizado dende novembro, cando se celebraba a última reunión con Portos de Galicia, como se corroborou nunha comisión do Parlamento do pasado mes de decembro, cando se escenificaba a disputa política sen visos de solución.

Mentres, todo os grupos de poder do Concello de Laxe volven unir forzas. O Patrón Maior da Confraría Manuel Villar Vidal, así como os tres voceiros dos grupos municipais, p alcalde José Manuel Mouzo Castiñeira (PSOE), Xosé Manuel Pose Lema (BNG) e José Luís Pérez Añón (PP), asinaron un documento nenviado ao presidente da Xunta de Galicia no que solicitan unha reunión con Portos de Galicia para reiterar a necesidade de abordar a dragaxe do porto.

Precisamente, en novembro Portos informaba de que o proxecto de “remodelación do porto de Laxe estaba en situación de tramitación do informe de impacto ambiental necesario para continuar co procedemento de licitación e execución”. Agora Confraría e voceiros dos grupos políticos queren facer válido o compromiso de ambas partes de manter unha reunión mensual da Comisión de seguimento. Comprendendo que decembro non era un mes bo, acordaron daquela manter unha reunión entre 16 e o 20 de xaneiro, pero pasou ese prazo sen que se teña convocado reunión algunha.

Por iso solicitan que Portos convoque canto antes unha reunión desa Comisión.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios