Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Mariñeiros de Corcubión participan nun encontro internacional sobre a pesca artesanal

Mariñeiros de Corcubión participan nun encontro internacional sobre a pesca artesanal
Luís Rodríguez da Asoar Armega no 'Protecting fisheries, supporting communities' o LIFE Workshop in Madrid Spain. Low Impact Fishers of Europe (LIFE) Luís Rodríguez da Asoar Armega no 'Protecting fisheries, supporting communities' o LIFE Workshop in Madrid Spain. Low Impact Fishers of Europe (LIFE) Membros de Asoar-Armega e da agrupación de Mariscadoras de Corcubión participaron no taller de pescadores de baixo impacto do Atlántico e do mar do Norte que tivo lugar a pasada fin de semana en Madrid. No encontro, organizado pola plataforma Low Impact Fishers of Europe (LIFE) tiveron a oportunidade de reunirse con outros colegas de Portugal, Francia, Holanda, Bélxica, Reino Unido e Irlanda. Alí acordaron levar a cabo unha serie de inciativas e accións que garantan a sostenibilidade e a supervivencia deste sector pesqueiro. Durante o encontro abordouse a necesidade dunha xestión máis dinámica e eficaz da pesca basada na sostenibilidade a longo prazo e non nos beneficios do curto prazo. A maior parte dos ponentes do encontro coincidiron en resaltar a necesidade de que os Estados membros apliquen de forma inmediata os requisitos da nova política pesqueira común en relación ao artigo 17, de empregar criterios transparentes e obxectivos, incluidos os de carácter ambiental, social e económicos na asignación de acceso ao recurso (cuotas). Este asunto foi de particular importancia para os pescadores artesanais centrados na lubina e no atún. Os pescadores de baixo impacto do Atlántico e do Mar do Norte participaron neste encontro Os pescadores de baixo impacto do Atlántico e do Mar do Norte participaron neste taller A reunión tamén deixou en claro a necesidade dunha representación máis eficaz dos pescadores artesanais nos consellos consultivos, destacouse o importante papel que desempeñan as mulleres na pesca de pequena escala de toda a comunidade europea e debatiuse a importante e potencial ameaza que pode ser para o sector a próxima aplicación da prohibición dos descartes. E por último, neste encontrou decidiron pedirlle aos membros do Parlamento Europeo e da Comisión Europea mellorar o seu recoñecemento e apoio aos mariñeiros artesanais.

Novas relacionadas

Fonte    

Comentarios