Nova chamada para a limpeza do coído de punta Cagada
07:06 20/01/17
Mar de Fábula convoca aos voluntarios para a recollida de lixo plástico na punta Cagada de Camariñas
Despois dunha semana de obrigado adiamento por mor do mal tempo, mañá sábado 21 de xaneiro, a asociación Mar de Fábula organiza a recollida de lixo plástico en punta Cagada, en Camariñas. Os pronósticos meteorolóxicos anticipan vento feble ou calmo e unha razoable seguridade de que non choverá ao longo do día.
Ás 11 horas xuntaranse no porto de Santa Mariña – en Camariñas – membros da asociación Mar de Fábula, mariñeiros e todos os voluntarios que o desexen co fin de limpar o lixo plástico que invade o coído de punta Caghada. Para os traballos de limpeza, que terán unha duración de aproximada de dúas horas, contarán co soporte loxístico do concello de Camariñas. Mar de Fábula fai un chamamento á toda a cidadanía para que se sume a estes traballos de limpeza dun lugar emblemático da Costa da Morte. Os voluntarios que desexen participar deberán contactar previamente coa asociación a través do número de teléfono 608 609 042.
Novas relacionadas
- “Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes”
- Pequenos cambios, grandes resultados.
- Baldaio preparase para recibir aos voluntarios ambientais de Mar de Fábula
- Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra “Cos Pés na Area”
- Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
- A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fábula