Martes. 19.11.2019
El tiempo

Rescatan a un malpicán que caera nos cantís de Punta Nariga

Rescatan a un malpicán que caera nos cantís de Punta Nariga
Os Bombeiros de Carballo rescatan un home en Punta Nariga Os Bombeiros de Carballo rescatan un home en Punta Nariga

Menudo susto que pasou Malpica nesta mañá do domingo 26 de marzo. Un veciño de Malpica atopábase pescando pola zona da Punta Nariga cando nun desprazamento polo acantilado caíu. Puido enviar unha mensaxe de whatssap a un amigo indicándolle que caera e precisaba axuda. O amigo chamou ao 112, e este enviou aos Bombeiros de Carballo, que chegaron ao punto comprobadno que caera nun acantilado de difícil acceso a uns 200 metros do faro.

Conseguiron os bombeiros chegar ao ferido, que lles indica que ten unha perna rota pola parte baixa. Mentres os sanitarios traballaban na inmobilización da perna os Bombeiros procederon a instalación dunha corda con polipasto para axudar a subir a padiola e asegurar a súa manipulación. Unha vez colocado o ferido na padiola de rescate procederon a ascender o acantilado porteando uns 300 metros ata chegar á ambulancia, onde os sanitarios se fixeron cargo da súa estabilización e traslado.

Un rescate de altura.

Os Bombeiros de Carballo rescatan un home en Punta Nariga 2

Fonte

  • Bombeiros de Carballo.

Comentarios