Luns. 25.05.2020
El tiempo

Rescatan un home en Fisterra que sufría unha indisposición a bordo da súa embarcación

Rescatan un home en Fisterra que sufría unha indisposición a bordo da súa embarcación
Tinito estivo no programa da TVG Naufragos Tinito estivo hai pouco no programa da TVG Pescadores con historia, con XH Rivadulla Corcón, o pasado mes de febreiro Menudo susto esta mañá no mar de Fisterra. Un mítico mariñeiro de Fisterra, Agustín Traba, coñecido como o "Tinito", tiña que ser rescatado esta mañá cando navegaba a bordo dunha lancha da súa propiedade, a catro millas do Faro de Fisterra, dirección Oeste. Outro mariñeiro alertaba arredor das 11:15h ao 112 despois de escoitar a chamada de socorro do afectado pola emisora. Ao parecer, o home sufrira unha indisposición e quedara durmido a bordo. Por fortuna, tras reaccionar, deulle tempo a pedir axuda antes de que a lancha afundira na súa totalidade e puido ser rescatado por outra embarcación da zona, propiedade do alertante. O home que presentaba síntomas de hipotermia, foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee polo persoal sanitario. Mobilizados xa estaban o 061-Urxencias Sanitarias, o Servizo de Salvamento Marítimo e do Servizo de GardaCostas de Galicia, así como axentes da Policía Local, o servizo de Portos de Galicia e os efectivos de Protección Civil.

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

Fonte

comentarios