Sábado. 20.04.2024
El tiempo

#25N: Os Bolechas e o teatro comprometido, protagonistas en Mazaricos

25N Mazaricos
En Mazaricos, a Casa do Concello tínguese de novo de negro e as escolas aprenden en materia de igualdade cos Bolechas
#25N: Os Bolechas e o teatro comprometido, protagonistas en Mazaricos

O Concello de Mazaricos volve, un ano máis, sumarse ao clamor social pola eliminación da violencia contra as mulleres neste 25 de novembro. Durante toda esta semana e a semana previa leváronse a cabo actividades e reparto de material no municipio, que continuarán ata mañá, coa representación dunha obra teatral na Casa de Cultura.

Como cada ano, a Casa do Concello na Picota loce materiais gráficos en contra da violencia contra as mulleres, como parte das campañas “De fronte á violencia de xénero” e “Mazaricos en negro contra a violencia”.

Do mesmo xeito, a mocidade de Mazaricos volve ser un dos principais públicos aos que se dirixen as actividades de concienciación contra a violencia de xénero e a prol da igualdade. Nos centros de infantil e primaria de Mazaricos repartiuse, durante a semana pasada (no CEIP de San Cosme de Antes) e o martes e mércores desta semana (CPI da Picota) o xogo “Os bolechas. Mazaricos en Igualdade”, un material pedagóxico e lúdico co que incidir nestes valores. Hoxe repartiuse entre o alumnado de secundaria do municipio material alusivo á campaña do 25N, como bolsas con bidóns e pulseiras.

Teatro pola muller rural

Teatro 25N Mazaricos

A actividade polo 25 de Novembro complementarase na noite de mañá coa representación, ás 21h, da obra de teatro 'Chola, a it girl', na Casa de Cultura, na Picota. Trátase dunha obra que procura a esencia da muller rural, valorándoa e elevándoa. A obra utiliza vídeos, música e moito bo humor para incidir nestas ideas. A representación forma parte da campaña de prevención da violencia de xénero e conta co financiamento do Ministerio de Igualdade e do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Cando remate repartiranse máscaras e paraugas alusivos a esta campaña.

Toda a Axenda o #25N

Comentarios