Venres. 26.04.2024
El tiempo

A casa da Cultura da Picota énchese de actividade

A casa da Cultura da Picota énchese de actividade
actividades casa da cultura a picota mazaricos Varias citas encherán de actividade a casa da Cultura da Picota, en Mazaricos, durante os vindeiros días. A primeira das convocatorias é mañá xoves, ás 21:30 horas, co concerto que ofrecerá a coral de Costa de Marfil "Saint Luc Banabakintu" que xa leva varias actuacións na Costa da Morte nos últimos meses. Unha vez rematada a cita musical, terá lugar a inauguración dunha exposición de arte africana no salón de plenos do concello. Xa o vernes, ás 22 horas, proxectarase na casa da Cultura da Picota o documental "Frankenstein 04155", un traballo dirixido por Aitor Rei sobre das incógnitas arredor do accidente do tren Alvia 04155 en Angrois, o 24 de xullo de 2013. Ademais, o sábado entre as 10 e as 15 horas terán lugar as xornadas de portas Abertas de Naturmaz que concentrará aos afeccionados da aviación de distintos puntos da comunidade. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios