Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte premia ao seu Can de Ouro

A Costa da Morte premia ao seu Can de Ouro

Xa remos ao gañador do 1º Campionato Can de Ouro Costa da Morte, que tivo lugar o pasado 9 de xullo no Concello de Mazaricos, organizado pola APTCM e polo Clube Amigos dos Cans de Caza. Esta beagle de 2 anos, chamada Tina e compañeira de fatigas de Jaime López Castro, foi a campiona na modalidade de can de rastro de coello, isto é, a auténtica Cadela de ouro da Costa da Morte.

O Restaurante Casa Pego foi o centro de operacións do campionato, na que participaron ademais a Federación Galega de Caza, a Sociedade "Halcón de Mazaricos" e o propio Concello mazaricán.

Dende as 7:00h da mañá os máis de 40 cazadores botáronse ao monte, para amosar a súa destreza coa escopeta. Toda a mañá en marcha para rematar cun fantástico xantar e a entrega de premio en Casa Pego.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte
  • Nota de prensa de APTCM.

Comentarios