Venres. 10.07.2020
El tiempo

Carballo, Mazaricos, Vimianzo e Zas levan a súa tradición e calidade gastronómica ao Xantar

Carballo, Mazaricos, Vimianzo e Zas levan a súa tradición e calidade gastronómica ao Xantar
A Deputacion da Coruna no Xantar de Ourense A Deputación da Coruña volverá estar presente no Xantar de Ourense con produtos da Costa da Morte Volve Xantar, a única Feira de Turismo Gastronómico en toda España. O recinto de Expourense acollerá esta semana (do 1 ao 5 de febreiro) cumple 18 anos e faino cunha edición máis internacional que nunca, con Portugal como gran compañeiro de viaxe de Galicia. O programa de actividades de Xantar 2017 ofrécelle aos asistente máis de 200 experiencias enogastronómicas e turísticas (máis de 3 cada hora de celebración do salón). As de perfil máis profesional están enmarcadas no denominado “Encontro Internacional sobre Gastronomía Saudable e Sostenible” que afronta xa o seu 12ª edición. E alí estará a Costa da Morte representada no posto da Deputación da Coruña. Unha Deputación que repite a experiencia de Xantar despois de que o ano pasado fose premiada coa “Mellor acción promocional en materia de turismo”. Estará a MZ, cun trío de pratos exquisitos; estarán as filloas de Zas e os pinchos irmandiños de Vimianzo. Ademais, tamén estarán os produtos de Carballo, co Pan como gran estrella. O deputado responsable da área de Cultura, Xosé Regueira, explicou a vontade de aproveitar Xantar como un “importante escaparate da oferta gastronómica de calidade que é un dos principais atractivos para persoas que buscan un turismo de calidade e sustentábel que é polo que apostamos. No Salón mostraremos o alto nivel da nosa gastronomía e os nosos produtos”.

Mazaricos volve ao Xantar cun trío de pratos cheos de calidade e tradición

Mazaricos no Xantar de Expourense coas Amas de Casa Mazaricos volveu ao Xantar de Expourense coas Amas de Casa Por aí teremos varias expedicións costeiras. Ademais da presencia do Slow Food muxián concretamente mazaricá. A MZ volverá estar moi presente na feira. Xa o ano pasado triunfou, e de que xeito o Bolo do Pote. Este ano ademais deste produto tan auténtico, levan un par de ingredientes a maiores. Levarán unha mostra do “Pan MZ”, un pan de moita calidade, para acompañar á carne á pedra mazaricá que levará o Restaurante O Pejo. Fantástica vai ser esa unión social dos Hostaleiros e as Amas de Casa para armar todas as actividades, e fomentar, o que este ano quere vender o Concello: un selo de calidade para os #ProdutosMZ. Así, tradición e gastronomía únense como fío condutor para a promoción turística do Concello e da Costa da Morte. I é que precisamente, o propio alcalde entende que todas estas accións de promoción teñen que ter unha visión comarcal, de conxunto. Ademais das xuntanzas, do netoworking diario, o acto principal terá lugar o sábado ás 15:00h da tarde. Será un showcooking completo co Bolo do Pote e a carne á pedra, coas Amas de Casa e o Pejo man a man. Un evento que intentarán retransmitilo en directo a través do Facebook do Concello de Mazaricos. O Bolo do Pote de Mazaricos no Xantar de Expourense O Bolo do Pote de Mazaricos no Xantar de Expourense

Pinchos Irmandiños e Filloas de Zas

Filloas de Zas no Xantar o ano pasado Filloas de Zas no Xantar o ano pasado O venres, as 20:30 o concello de Vimianzo organiza a elaboración en directo dos “Pinchos Irmandiños”. E o sábado, despois da MZ, ás 16:00h toca showcookking zaense, e aparecerán na Aula Gastronómica Medio Rural/Cuevas, en escea as impresionantes filloas á pedra de Zas, todo un éxito do ano pasado, que pecharán a participación da Deputación da Coruña nas elaboracións ao vivo que son un dos principais atractivos da feira. O alcalde de Zas no Xantar en 2016 O alcalde de Zas no Xantar en 2016

Pan de Carballo

Este será o 10º aniversario  da primeira participación do concello carballés no Salon Internacional do Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. Carballo acode con posto propio para promocionar o pan e os produtos das panaderías locais, así coma o resto de produtos turísticos do municipio, nunha das mellores plataformas que existen agora mesmo en Galicia. Polo de pronto, aquí vos deixamos co vídeo promocional do Salón Gastronómico Turístico Xantar de Ourense.  

Novas relacionadas

Fonte

comentarios