Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Adiada a charla informativa sobre dano cerebral adquirido (DCA)

Última hora: Por motivos técnicos, vai atrasarse a unha nova data a charla informativa que sobre dano cerebral adquirido (DCA) ía ter lugar na tarde deste domingo na Casa de Cultura da Picota. Informarase da nova data o antes posible.
charla dano cerebral mazaricos
Adiada a charla informativa sobre dano cerebral adquirido (DCA)

Con motivo da conmemoración, o vindeiro martes 26 de outubro, do Día do Dano Cerebral Adquirido, o Concello de Mazaricos leva a cabo unha serie de actividades para difundir esta realidade e sensibilizar á cidadanía
sobre os seus efectos e a situación das persoas que padecen DCA, así como informar e orientar ás familias destas persoas. O programa xorde da colaboracón coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela SARELA e a Federación Galega de Dano Cerebral- FEGADACE, co cofinanciamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

A primeira das actividades será este domingo, 24 de outubro, ás 17h na Casa de Cultura da Picota. Consistirá nunha sesión informativa aberta ao público. A actividade será completamente gratuíta, durará aproximadamente unha hora e será impartida por persoal da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela.

Dentro desta mesma iniciativa, durante a semana que vén impartiranse nos centros educativos de San Cosme e da Picota obradoiros co alumnado sobre esta realidade. As responsables da súa organización son as profesionais de SARELA.
Impartirase o luns 25 no colexio de San Cosme ás 10h e no da Picota ás 15h. O mércores 27 impartirase ás 13,25h no Instituto da Picota.

Igualmente, en breve informarase sobre a Exposición “Punto e Seguido”, unha mostra fotográfica que pretende acercar á cidadanía o traballo realizado polas entidades de dano cerebral de Galicia e que en novembro chegará á Casa de Cultura da Picota.

Punto informativo

O Concello de Mazaricos lembra que segue habilitado todos os luns un posto informativo na Casa de Cultura de 10:30 a 13:30h. A través de cita previa, todas as familias de Mazaricos, Santa Comba, Muros, Outes e Carnota onde algún membro da familia teña dano cerebral adquirido contarán con información e orientación sobre aspectos como a volta ao domicilio despois da alta hospitalaria, recursos e servizos aos que pode ter dereito a persoa, servizos dirixidos á familia e persoa coidadora e calquera outra cuestión relacionada.

Comentarios