Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Case 200 cans buscarán convertirse no Can de Ouro 2012

Case 200 cans buscarán convertirse no Can de Ouro 2012

Non é que sexamos uns devotos da caza, e de feito ás veces temos malos pensamentos cando aparecen en Salvacadelos cans de caza abandonados ao remate da tempada, pero a verdade é que a proposta do Can de Ouro é algo singular.

Artellada pola Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), xunto coa Federación Galega de Caza na Coruña e a Sociedade de Caza Halcón de Mazaricos, e coa colaboración do Clube “Amigos dos Cans de Caza”, este ano terá lugar no Monte da Ruña, Concello de Mazaricos, o 2º Campionato Can de Ouro Costa da Morte. As datas serán os días 30 de xuño e 1 de xullo.

O campionato buscará os mellores cadelos nas modalidades “San Huberto” e “Cans de rastro sobre coello”, e “cans de rastro atrelados, xabarín” puntuables para a Copa Galicia.

Pola importancia do premio e dado o éxito do ano anterior, este ano espérase contar coa inscrición de máis de 180 cans nos dous días de competición.

A concentración terá lugar no restaurante Casa Jurgo na Picota, Mazaricos, onde tamén será, ao remate da proba, o xantar de clausura e a entrega das réplicas do “Can de Ouro” para os gañadores na modalidade de San Huberto, cans de rastro sobre coello, rastro xabaril e tamén para o mellor can de rastro.

Máis información e inscrición

A data límite de inscrición é o 28 de xuño ata as 20:00 horas, sendo obrigatorio estar federado para poder participar. Para máis información e inscricións os interesados poden chamar os seguintes números: Cristina 670.231.691, Paco 639.888.606, na Federación Galega de Caza na Coruña 981.702.957.

Máis información

Novas relacionadas

  • O Anllóns e o Xallas volveron comprobar a supremacía do clube de Pesca Salmo.
  • Fonte

    • APTCM.

    Comentarios