Os CEIP da Picota e de Coristanco participan nun programa estatal de animación á lectura
O Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura, pon en marcha unha nova edición do programa de actividades literarias en Institutos de Ensino Secundario de titularidade pública, que chegará a 13 centros galegos.
Entre eles, dous centros costeiros realizarán encontros literarios cos autores, que falarán sobre a súa obra e os seus procesos creativos e manterán un diálogo aberto co alumnado.
Paula Carballeira irá ao CEIP A Picota o 15 de novembro mentres que será Manuel Loureiro o que faga as delicias dos peques do Xosé Pichel o 30 de novembro.
Con máis de dúas décadas de traxectoria, este programa de animación lectora ofrece ao alumnado a oportunidade de coñecer de preto o traballo de narradores, poetas, dramaturgos, ilustradores ou tradutores, e supón unha oportunidade para que os autores participantes tomen o pulso dos intereses dos mozos lectores.