Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Isabel Risco trae o espectáculo 'Bravas' este sábado a Mazaricos polo #8M

Bravas Teatro 8M Mazaricos_page-0001
Isabel Risco trae o espectáculo 'Bravas' este sábado a Mazaricos polo #8M
Un ano máis, a cultura volve gozar dun peso importante dentro da programación mazaricá destinada a conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O sábado 11 de marzo representarase na Casa de Cultura da Picota o espectáculo 'Bravas'. Neste, a recoñecida actriz Isabel Risco ofrece unha particular visión da historia das mulleres galegas, poñéndose na pel de distintas mulleres do noso pasado, presente e futuro, cun punto de vista comprometido, pero tamén aloucado e cómico.

A obra fai un repaso histórico dende a época castrexa ata o século XXIII, onde a través de paradas en diversas 'estacións' reparamos nas pequenas e grandes historias protagonizadas por mulleres. Isabel Risco encarna unha muller rural galega do século XVII, dunha muller en loita en plena revolución industrial ou dunha rapaza dos anos 60. Mulleres do pasado, presente e futuro que rescatan e comparten a súa historia.

A representación terá lugar ás 21h. A entrada é libre ata completar aforo e non require de reserva previa.

Comentarios