Venres. 26.04.2024
El tiempo

Excarcelan a unha muller que caía no seu vehículo por un terraplen nas Paxareiras

Excarcelan a unha muller que caía no seu vehículo por un terraplen nas Paxareiras

Aparatoso acidente o sufrido onte na AC-400, no lugar das Paxareiras. Un vehículo, un Renault Megane Gris, saíase da estrada caendo por un terraplén duns 5 metros quedando atrapada no seu interior a acompañante.

Tiñan que chegar os Bombeiros de Cee, o GES de Muros, Garda Civil de Tráfico, 061 e o equipo de Conservación de estradas. A condutora conseguía saír do vehículo, aparentemente sen danos, pero a acompañante tivo que ser excarcelada polo Ges muradán, e foi trasladada nunha padiola ata a ambulancia.

Fonte

Comentarios