Venres. 26.04.2024
El tiempo

O éxito da Feira do Nadal de Mazaricos asegura a súa continuidade

Feira Nadal Mazaricos 2021 3
O éxito da Feira do Nadal de Mazaricos asegura a súa continuidade

San ambiente de Nadal o que se viviu esta fin de semana no Recinto Feiral da Picota. A I Feira de Nadal servía, destacando a labor das asociacións e fomentando hábitos de consumo local e responsanble, como apertura dun completo programa de actividades de Nadal.

Foron unha ducia de postos comerciais os que ofreceron diversas actividades de lecer para as familias, congregando ao longo dos tres días de celebración a varios centos de visitantes que desfrutaron da decoración artesanal, feita pola mocidade mazaricá.

A fin de semana ademais axudou co tempo, e a rapazada puido sifrutar dos inchables que había no exterior do recinto.

O concelleiro de Promoción Económica de Mazaricos, Jorge Sanmartín Rial, amosouse satisfeito polo resultado do evento. “Por unha banda conseguiuse involucrar na organización a varias asociacións, á rapazada de Mazaricos e por suposto aos comerciantes”, informou. Amosou a súa admiración polo traballo artesanal para a decoración levado a cabo polas rapazas e rapaces dos obradoiros municipais de manualidades de outono para elaborar un Belén “espectacular”.

Dado o éxito, “o Concello seguirá apoiando o comercio e haberá continuidade desta feira no mesmo formato”.

Mañá coñeceremos o resto do programa de Nadal.

Feira Nadal Mazaricos 2021 1Feira Nadal Mazaricos 2021 2Feira Nadal Mazaricos 2021 4

Comentarios