Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Festa do Bolo do Pote volveu cun cheo total

Festa do Bolo do pote Mazaricos 2023 4
A Festa do Bolo do Pote volveu cun cheo total

A XXIV Festa do Bolo do Pote de Mazaricos celebrouse durante esta fin de semana recuperando as estampas dos restaurantes e as rúas da Picota cheos de comensais dispostos a desfrutar deste prato típico da localidade. Organizada un ano máis polo Concello en colaboración coa Asociación de Amas de Casa El Hórreo, a Asociación de Veciños Monte Picoto e mais o restaurante e hotel Casa Jurjo, a festa volveu ao seu formato tradicional por primeira vez dende o inicio da pandemia.

Festa do Bolo do pote Mazaricos 2023

Festa do Bolo do pote Mazaricos 2023 6

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Sanmartín, agradeceu a asistencia dos milleiros de persoas que pasaron por Mazaricos esta fin de semana. Sanmartín considera que a festa foi “todo un éxito” e “unha proba da implicación das asociacións e restaurantes, así como o Concello de Mazaricos, para recuperar a nosa gran festa despois de tanto tempo sen podela celebrar da mellor maneira”.  

A degustación gratuíta no campo da feira volveu ser este domingo 5 o momento grande da festa. En total, a organización serviu unhas 1.500 racións deste produto acompañado de chourizo e orella de porco. Dende a 1:30h do mediodía a afluencia de persoas foi constante, contando ademais con animación do grupo de gaitas de Mazaricos e mais da Charanga Alambique.

Festa do Bolo do pote Mazaricos 2023 5

Festa do Bolo do pote Mazaricos 2023

Festa do Bolo do pote Mazaricos 2023 3

Tanto hoxe, domingo 5, coma onte, sábado 4, os distintos restaurantes colaboradores deste edición serviron xantares e ceas de cocido aos grupos de comensais que fixeron reserva, enchéndose os comedores na práctica maioría de casos. Os establecementos deste ano foron O Verxel, Restaurante Efe-Eme, Casa Jurjo, Pizzería Pinocchio, Asador Manduca, Campamento Corzón, O Curruncho dos López e Casa Pego. Ademais, colaboran a Taberna Casa Senra e mais o Café Bar Alborada.

Ademais, e coincidindo coa celebración do Bolo do Pote volveuse celebrar unha quedada de coches Mini que deu un vistoso toque de cor á festa. Os afeccionados do motor participaron tamén neste grande evento de exaltación gastronómica pioneiro en Galicia.

Festa do Bolo do pote Mazaricos 2023-Minis

Comentarios