![Obradoiro de musicoterapia dos usuarios de Adisbismur en Carnota Obradoiro de musicoterapia dos usuarios de Adisbismur en Carnota]()
A asociación Adisbismur (Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Mazaricos) organiza o seu Festival Solidario.
Este domingo, 16 de febreiro, ás 17:30 horas, profesionais e persoas usuarias do centro de recursos de Valadares van cantar, bailar e interpretar no espectáculo que preparan para a Casa da Cultura de A Picota, en Mazaricos.
Con esta de Mazaricos, van tres as veces que ADISBISMUR organiza esta edición do festival solidario, sendo as anteriores en Muros e Outes.
A entrada custa 5 euros, e todo o que se recaude neste acto irá destinado a manter os servizos que se realizan no centro de recursos.
Novas relacionadas
Os usuarios de Íntegro e Adisbismur disfrutan da piscina
Os usuarios de Adisbismur aprenden coa musicoterapia en Carnota
Os usuarios de Adisbismur fanse navegantes en Camariñas