Venres. 26.04.2024
El tiempo

José Manuel Caamaño lidera a candidatura do PP de Mazaricos

FOTO ACTO MAZARICOS
José Manuel Caamaño, segundo pola dereita
José Manuel Caamaño lidera a candidatura do PP de Mazaricos

Presentou onte o PP o seu candidato para as eleccións municipais do 28 de maio deste 2023 en Mazaricos. En presenza do do delegado do Goberno Gonzalo Trenor, o presidente provincial Diego Calvo, e o secretario xeral do PP na provincia da Coruña, Evaristo Ben, o partido realzou un acto na Casa da Cultura da Picota no que apelaron ao voto de “todas aquelas persoas que algunha vez votaron ao PP”.

“Aquí a xente e do PP. Iso é o que demostran nas eleccións autonómicas e nas xerais e agora toca que o demostren tamén nas municipais. Temos que conseguir que eses veciños se sintan identificados co noso proxecto, un proxecto que tamén é o proxecto de Alfonso Rueda e de Alberto Núñez Feijoo”, apuntou Calvo.

Caamaño aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo realizado polos anteriores candidatos populares Santos Maneiro, Nico Martínez e Sergio Noya, e incidiu en que chega á política para buscar “o ben común” de todos os veciños de Mazaricos e recalcou o seu “sentimento de pertenza” a un municipio ao que regresa convencido de que pode achegar o seu granito de area para afrontar o futuro con máis oportunidades para todos.

Todos apelaron á “unidade” e criticaron ao BNG e ao PSOE autonómicos e estatais, falando ata de Bildu ou dos indultos cataláns.

Máis novas das Eleccións

Comentarios