mércores. 30.04.2025
El tiempo

Lucía Pérez e Héctor Lera lanzan a súa música en Mazaricos e Lires

Hector Lera e Lucia Perez en Cee e Mazaricos
Lucía Pérez e Héctor Lera lanzan a súa música en Mazaricos e Lires

Sábado de concertos pola comarca. A Axenda está chea de verbena, pero tamén a música de verdade cobra vida.

En Mazaricos, actuará cantante Lucía Pérez este sábado presentando o seu novo traballo, “Na miña pel”. A artista galega fai deste novo single un canto ás mulleres da súa vida e da súa terra. O concerto, de entrada libre, terá lugar ás 22h no recinto feiral da Picota.

Lucía Pérez é unha artista con máis de dúas décadas de traxectoria onde salienta a súa participación en 2011 no Festival de Eurovisión en representación de España. Foi a primeira galega que participou no afamado festival da canción europea, e fíxoo co tema “Que me quiten lo bailao”.

Pola súa parte, en Lires, no Restaurante A Braña, estará o corcubionés Héctor Lera a partir das 21:00h, levando os seus míticos temas rasgados.

Completan a axenda musiqueira Mallou nas Torres do Allo e Icía Varela en Cabana cos seus concertos nesta noite de venres.

Comentarios