Icía Varela estrea este venres os ‘Concertos con encanto’ do verán cabanés

08:15 10/07/24
Arrincan estes venres os ‘Concertos con Encanto’ que terán lugar no centro arqueolóxico Dolmen de Dombate. Fano da man da intérprete malpicana Icía Varela.
A actuación, enmarcada no programa de actividades culturais posto en marcha polo concello de Cabana de Bergantiños para os meses de verán, e a partir das 22:30 horas e as persoas que desexan acudir deberán reservar praza chamando ao 981 754 020.
Deste xeito, Icía Varela, regresará novamente a Cabana logo da súa última actuación no municipio durante a conmemoración do día internacional da eliminación da violencia contra a muller, nun acto celebrado o pasado novembro na Casa do Pendón. Ademais, farao acompañada por Lucas e Xocas Rama quen porán melodía á voz da malpicana.
Máis novas