Venres. 29.03.2024
El tiempo

A marca #PanMz xa ten imaxe

pan mz
A marca #PanMz xa ten imaxe

Dende Privamera leva o Concello de Mazaricos traballando para conseguir unha marca de calidade para o seu Pan. Unha calidade máxima baseada na fariña de trigo do país, e un proceso artesanal feito coas técnicas de hoxe e a tradición de sempre.

O proxecto inclúe unha imaxe gráfica común que representa este logo: un bolo de pan co característico cornecho.

Pan de Mz de Arturo
Un molete da panadería Arturo

O pan de Mazaricos destaca pola súa codia consistente e crocante e a súa miga firme e fibrosa. É un pan cuxo sabor se debe ao cereal de alta calidade a partir do que se elabora, pero tamén a un proceso no que as nosas panaderías son expertas: feito a man en forno de leña e con fermentación natural.

Novas relacionadas

Comentarios