Mércores. 18.05.2022
El tiempo

A Matrona volve a Mazaricos 10 anos despois

Centro de Saude de Mazaricos
A Matrona volve a Mazaricos 10 anos despois

Nesta época de recortes e protestas, sorprende anuncia a recuperación dun servizo tan fundamental como o da Matrona tras máis de 10 anos. Así o anuncia hoxe o Concello de Mazaricos, que leva moito tempo reivindicando a volta dunha profesional ao Centro de Saúde e evitar que as mulleres do Concello se teñan que desprazar 40 minutos ata Muros.

Semella que deron o sue froito as xestións levadas a cabo pola concelleira de Servizos Sociais, Sandra Alvite Ferreiro, ante a Xunta de Galicia. Deste xeito, e cada martes dende este vindeiro 3 de maio a titular do servizo de matrona do SAP de Santa Comba – Mazaricos pasará consulta no Centro de Saúde de Mazaricos.

A concelleira de Servizos Sociais valorou moi positivamente a recuperación deste servizo, do que o municipio se viu privado, lembrou, dende hai mais de dez anos. “Levamos anos demandando que se puxese fin a unha discriminación que incumpría os principios de igualdade de oportunidades no acceso á sanidade pública”, explicou Sandra Alvite. 

Do mesmo modo, lembrou que outros concellos da contorna con menor número de mulleres censadas si mantiñan este servizo. “En Mazaricos hai 750 mulleres en idade reprodutiva e un total de 2.000 mulleres censadas”, explicou, sinalando que “o servizo de matrona é fundamental para as mulleres que queren planificar o seu embarazo e parto, pero tamén para as que se atopan en período de climaterio, máxime nestes intres nos que a prevención de problemas xinecolóxicos e o diagnóstico precoz de cancro xinecolóxico e de mama son competencia deste departamento”. 
 

comentarios