Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O BNG de Cee leva a falta de psiquiatra no Hospital Virxe da Xunqueira á Valedora do Pobo

Serxio Dominguez e Diego Rey
Serxio Domínguez, voceiro do BNG, e Diego Rey, pai de familia
O BNG de Cee leva a falta de psiquiatra no Hospital Virxe da Xunqueira á Valedora do Pobo

Dende finais do ano pasado que o Hospital Virxe da Xunqueira leva sen servizo de psiquiatría. Xa o denunciabamos en febreiro, e o recordaba o BNG en marzo cunha concentración ás portas do centro. Pero dende o Sergas non lles parece preocupar o estado da saúde mental de centos de familias da Costa da Morte, que seguen sen poder recibir as consultas periódicas e sen poder seren atendidas en condicións.

Durante estes meses o Hospital ofrece, segundo denuncia o BNG, un “servizo en precario, con atención, tan só unha ou dúas veces a semana en vez de a diario, e cada vez con profesionais distintos que son enviados a pasar consulta nesa sóa ocasión”. Para esta semana non está previsto nen tan sequera prestar esa atención precaria, nen un día só vai estar un profesional para atender as doentes. “A situación está pois a empeorar”, lamenta.

Por iso, o Bng de Cee, considerando “intolerable” a situación, vén de presentar unha queixa diante da Valedora do Pobo para que interceda na problemática. “Estamos a falar de persoas con problemas de saúde que poden repercutir en algo moi serio e perxudicial para elas e as súas familias”, denuncian.

Máis novas sobre Atención Primaria e Recortes

Comentarios