Martes. 30.04.2024
El tiempo

Mazaricos contará cunha cuarta Casa do Maior antes de que remate 2023

Casa do Maior da Picota
Casa do Maior da Picota
Mazaricos contará cunha cuarta Casa do Maior antes de que remate 2023

O concello de Mazaricos contará con catro casas do maior a finais de 2023. Ás tres actualmente operativas sumarase ao longo dos vindeiros meses unha cuarta que abrirá as súas portas na Picota. Esta Casa do Maior terá cinco prazas de atención diurna, e contará con auxiliar de enfermería, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional.

A concelleira de Servizos Sociais, Sandra Alvite, valorou moi positivamente a concesión dunha cuarta Casa do Maior mazaricá. “É un paso importante na estratexia de extensión do acceso a servizos que levamos a cabo durante os últimos anos, e chega para dar resposta ás demandas dun sector da poboación con necesidades moi concretas como son as persoas maiores”, explicou.

Cómpre ter en conta que o concello conta con máis dun 35% de veciñas e veciños por riba dos 60 anos de idade, razón pola cal “temos que dar resposta a unha realidade que esixe servizos moi diversos e adaptados á situación específica de cada persoa que os necesita”, valorou.

Así, o Concello tamén ampliou con 500 horas máis o Servizo de Axuda no Fogar, ata chegar ás 2587. E como non, a residencia de maiores de Pino de Val, que se prevé que estea operativo en 2024, onfertando 50 prazas nun complexo de 1.300 metros cadrados con 5.600 de parcela.

Comentarios