Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte non falla nun Xantar con claro protagonismo da Deputación da Coruña

Bolo do Pote de Mazaricos no Xantar de Ourense 2020
O Bolo do Pote de Mazaricos estivo moi presente Xantar de Ourense 2020
A Costa da Morte non falla nun Xantar con claro protagonismo da Deputación da Coruña

Completo desembarco da Costa da Morte no Xantar. Mazaricos, Muros, Malpica, Vimianzo ou Carballo non desaproveitaron a ocasión de ocupar, da man da Deputación, un espazo preferente na Feira Gastronómica de Ourense. Trátase da única feira de turismo gastronómico da Península, e conta con gran participación portuguesa, un público obxectivo primordial para a provincia da Coruña e a Costa da Morte.

Xose Regueira no Xantar
O deputado carballés Xosé Regueira foi un dos grandes protagonistas do Xantar

Unha Deputación que aposta forte por estes eventos, fomentando o cambio de modelo turístico do país, e afianzándose como unha oferta de "destino sostíbel, auténtico e de calidade, o que nos fai ter unha potencialidade enorme de cara este novo concepto que valora, por exemplo, un territorio con identidade tamén na súa xente", defendeu Xosé Regueira.
"Está aceptado por todo o mundo que temos un extraordinario produto mais en Xantar pódese comprobar de primeira man a calidade altísima de profesionais que están a traballar no sector gastronómico, sen dúbida, un recurso de especial relevancia no cambio de modelo que se está a experimentar no turismo a nivel internacional cunha aposta por fórmulas sustentábeis e de calidade", sinalou o deputado carballés, orgulloso tras recibir o Premio á Mellor Acción Promocional. Regueira, dedicou ao seu equipo, aos concellos, ás escolas de hostalaría e aos profesionais que participaron no Salón de Turismo Gastronómico.

Gustou, pois a aposta do Concello de Vimianzo polos sabores da historia, ou a preparación ao vivo protagonizada polo Xeodestino Ría de Muros e Noia a cargo da Agrupación e cociñeir@s da Ría de Muros-Noia con berberechos a baixa temperatura con recordo de Galicia e pinto curado con eneldo e menta.
Gustou tamén a mostra de empanada caseira e arroz caldoso de peixes e mariscos que armaron o alumnado da Escola de Hostalaría Municipal nas Aulas Gastronómicas.

Pepe Senande no Xantar coa Ria da Estrela
Pepe Senande no Xantar coa Ria da Estrela

O chicharro e o abadexo de Malpica

Fernando Agrasar no Posto de Malpica no XANTAR

Gustaron, e moito, as propostas chef das Garzas, Caco Agrasar. Voron os 200 petiscos de chicharro marinado e de abadexo con ceboliñas asadas de Barizo e escuma de coliflor.
O alcalde de Malpica, Walter Pardo, expresou “a nosa satisfación polo éxito que estamos a ter en XANTAR. Quero darlle as grazas a Caco Agrasar, que é un dos máximos expoñentes da cociña a nivel nacional e internacional”, destacaba Pardo.
Pola súa banda, o concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, destacou a “relevancia que ten para nós participar neste salón. A xente que probou os pratos de Malpica quedou tremendamente sorprendida, e iso é motivo de ledicia para todas e todos nós”, sinalaba Cañizo.

Malpica tivo stand propio no Xantar
Malpica tivo posto propio no Xantar

Os Pinchos Irmandiños de Vimianzo

Callos de Carnes de Vimianzo no Xantar

Foi o cociñeiro vimiancés Fabián Mouzo o encargado de poñer sobre a mesa os “sabores da historia” dos Pinchos Irmandiños. Callos ao Carnés, Bica de Vimianzo acompañaron aos exquisitos petiscos medievais.

Pinchos Irmandinos de Vimianzo no Xantar

Mazaricos prende os fogóns para o Bolo do Pote

Aproveita o XANTAR Mazaricos para comezar a carreira cara a XXII Festa do Bolo do Pote. O alcalde, Juan José Blanco, o concelleiro de Turismo, Jorge Sanmartín, unha delegación das Amas de Casa e os cociñeiros José Manuel Carreira e Aurora Fernández, dos restaurantes Manduca e EFE EME, desembarcaron o último día de feira, o domingo, para facer unha demostración da creación dos bolos e a carne do Bolo do Porte.

Novas relacionadas

Comentarios