Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mazaricos é terra de Recanteiros

Mazaricos é terra de Recanteiros
Christian Pensado, de Albores Mazaricos, representara a Costa da Morte no programa Recanteiros da TVG Christian Pensado, de Alborés (Mazaricos), representará a Costa da Morte no programa Recanteiros da TVG Christian Pensado Recarey será o terceiro veciño de Mazaricos que represente a Costa da Morte no concurso de Recanteiros do programa Luar. Coa súa veciña Tania Fuegho no xurado e cos consellos de Iria Quintáns e Iria Bermúdez, este rapaz natural de Alborés estrearase o vindeiro venres, 22 de xullo, no programa da TVG. Fillo de gandeiros e amante dos animais, o novo Recanteiro da Costa da Morte recoñece que se decantou pola música aos 15 anos cando "unha profesora de música se percatou de que podería valer para o mundo dos acordes". E non se equivocou, xa que Christian, con tan só 22 anos de idade, ten unha intensa traxectoria artística. Estivo a punto de entrar na pasada edición do concurso de talentos La Voz, despois de pasar por tres cástings. O novo Recanteiro da Costa da Morte recoñece que lle gusta o mundo das orquestas e proba diso son as dúas tempadas que estivo con Los Príncipes. Pero a traxectoria de Christian comezou na súa época de instituto onde facía as súas propias versión e as subía á súa canle  Youtube. As súas cualidades vocais levárono a ser finalista, en varias ocasións, no festival da Canción do Xallas. E tamén participou noutros programas de televisión como A Toda Salsa, Bamboleo ou no Aquí Galicia durante a festa das carrilanas de Esteiro. Na súa nova experiencia, Christian dí que "vai deixar ben alto a Costa da Morte" polo que espera o apoio dos seus veciños e veciñas. Sorte! Novas relacionadas     Fonte

Comentarios