Venres. 18.06.2021
El tiempo

Mazaricos reabre a súa piscina municipal

Piscina municipal Mazaricos
Mazaricos reabre a súa piscina municipal

A piscina municipal de Mazaricos reabrirá as súas portas para o público a partir do próximo xoves, 1 de xullo. Permanecerá aberta durante todo xullo e agosto, en horario de 10h a 14h pola mañá e 16h a 20h pola tarde, todos os días da semana (incluíndo sábado e domingo).

A apertura da piscina levarase a cabo contando sempre coas disposicións normativas de precaución ante a COVID-19 vixentes en cada momento.

A piscina acollerá igualmente as clases de natación dentro do programa das actividades de verán de Mazaricos, que se fará público proximamente.

comentarios