Mazaricos saca a debate a fusión de Concellos
Interesante a Mesa Redonda que artella a Asociación Perfecto Sande "Braña" de Mazaricos para este venres 11 de maio ás 20:30h na Casa da Cultura de Mazaricos. Un tema tan ao día como a Fusión de Concellos será o centro de debate, e varios pesos pesados da bisbarra discutirán sobre as súas vantaxes e inconvintes.
Estarán presentes na mesa todas as forzas políticas: o Alcalde de Mazaricos (PP), Xosé Manuel Santos Maneiro; o alcalde de Carnota (BNG) Ramón Noceda; o alcalde de Dumbría (PSOE), José Manuel Pequeño, así como ex Conselleiro Pablo González Mariñas, o profesor da UDC Ricardo Mira e o Presidente do Colexio Oficial de Secretarios e Interventores da Coruña Juan Suárez Ramos. Todo moderado pola presentadora do programa de Radio Coruña-Cadena Ser Mayte González.
A Fusión de Concellos, un bo debate
Falamos dun tema polémico, pero real. A necesidade da redución da administración e a minimización da dispersión poboacional provoca que a Xunta do PP se prantexe esta necesidade. Unha proposta ademais na que está dacordo o BNG, que pediría ademais a supresión da Deputación a pesar de que sexa esta a que manteña vivas as arcas municipais.
O asunto, dende logo, afectaríanos e moito, i é que a Costa da Morte sería unha das zonas máis afectadas. Se os rumores apuntan correctamente, os Concellos de menos de 5.000 habitantes serían susceptibles de ser fusionados, e na bisbarra teríamos varios pares de concellos claros para ser protagonistas, como xa o son, veremos en que medida se fai realidade, os de Cesuras e Oza dos Ríos.
De feito, aló polo 2010, a Xunta xa fixo unha proposta de Mapa Urbanístico Galego para frear a dispersión. E Cee e Corcubión formarían xa un núcleo, un dos máis importantes da zona.
Novas relacionadas
- O Prouxiarado de Mario Maceiras: Fusión de concellos e comarcalización: A pescada que morde a cola.
- 2010: A Xunta une Cee e Corcubión coas novas Directrices urbanísticas para frear a dispersión.
- Corcubión rexeita o desmatelamento do seu Partido Xudicial.
- Os concellos da comarca de Soneira estudian crear unha mancomunidade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).