Mércores. 18.05.2022
El tiempo

Medio Rural abre as axudas para os seguros agrarios, maquinaria e novas tecnoloxías e contra os ataques do lobo

Medio Rural abre as axudas para os seguros agrarios, maquinaria e novas tecnoloxías e contra os ataques do lobo

Segue sendo un dos problemas que sempre acusan os gandeiros da zona. E iso que o lobo cada día está máis arrinconado. Para paliar estas críticas, a Xunta saca un liña de axudas para a prevención de ataques de lobos ao gando, así como outra para fomentar a contratación de seguor agrarios.

Inclúe tamén Medio Rural as axudas para a merca de maquinaria e para a adecuación ás novas tecnoloxías.

Axudas para a prevención de ataques de lobos ao gando

A Consellería do Medio Rural estableceu unha liña de axudas -que onte saía publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG)- a favor dos gandeiros que poidan verse afectados pola actividade dos lobos en espazos rurais moi humanizados. Nela inclúense diversas accións de protección dos rabaños para prever danos causados por estes cánidos sobre o gando da nosa Comunidade.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contando a partir da hoxe 29 de decembro de 2011.

Adquisición de cans mastíns

Será subvencionable a adquisición de cans de raza mastín leonés con menos de 4 meses, debendo achegar a documentación relativa aos controis sanitarios. O número de cans irá en función da facenda gandeira, sendo de 2 o número máximo subvencionable con 250 euros por mastín.

Pastores eléctricos e curros

As axudas relativas á instalación de pastores eléctricos poderán cubrir a totalidade do seu custo de adquisición, trala presentación da correspondente factura de compra. A contía máxima da axuda por cada pastor será de 100 euros, podendo concederse varias axudas para a instalación de máis pastores nunha mesma explotación.

As subvencións para o emprego de curros tamén poderán cubrir a totalidade do custo da adquisición de mallas electrificadas móbiles que se conectan a pastores eléctricos; sendo a contía máxima de 100 euros por malla de 50 metros (o número máximo por explotación é de 2 mallas).

Malla ovelleira e postes de madeira

O departamento que dirixe Samuel Juárez tamén subvencionará a instalación de valados fixos con malla ovelleira e postes de madeira tratada, cunha lonxitude de 400 metros. O importe será de 3,75 euros por metro e de 1.500 euros por valado.

Axudas para a contratación de seguros agrarios

Medio Rural pretende fomentar que un maior número de agricultores e gandeiros se podan beneficiar das vantaxes dos seguros e así facer fronte ás perdas económicas de factores alleos. Así, xa sacou as bases das axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios na nosa Comunidade Autónoma e se convocan para o ano 2012.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiados os asegurados titulares das explotacións agrarias situadas na nosa Comunidade, sempre que teñan subscritas as pólizas de seguros agrícolas do plan 2012 e as pólizas de seguros correspondentes a liñas gandeiras dos plans 2011 e 2012. Do mesmo xeito poderán acollerse a esta liña de axudas os titulares de explotacións de piscifactorías de troitas.

Axudas para obter maquinaria e novas tecnoloxías

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e se convocan para o ano 2012.

A introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria agrícola e modernización de equipamentos ten unha repercusión moi positiva na seguridade e nas vertentes técnica, económica e medioambiental das explotacións agrarias. Así contribúe de forma decisiva no desenvolvemento do sector e do medio rural, favorecendo unha evolución positiva e constante para afrontar novos retos de futuro.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación (Sat) que teñan como obxectivo social prioritario a adquisición e uso de maquinaria, así como as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola. Tamén poderán beneficiarse outras agrupacións, especialmente comunidades de regantes, asociacións de viticultores en terreos con pendente superior ao 15% e asociacións de faba e castaña. A convocatoria está aberta ademais ao resto das cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario para prestar servizos aos seus socios.

As actividades que serán motivo de subvención céntranse na compra de maquinaria agrícola e na adquisición, construción ou mellora de equipamentos, tales como almacéns para maquinaria ou gastos xerais vinculados ao proxecto en honorarios profesionais.

Orzamento e prazos

O orzamento inicial previsto, e que está cofinanciado con fondos Feader, é de 500.000 euros para o exercicio 2012. O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles contados a partir de mañá, día seguinte á publicación da norma no DOG.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

comentarios