O concello de Mazaricos abandona Neria
20:05 26/01/16
O alcalde de Mazaricos e dáas concelleiras asistiron a Fitur para promocionar turisticamente o concello
"Decidimos darnos de baixa en Neria porque esta asociación nin repercute nin aporta nada ao concello de Mazaricos". Ésta é a xustificación que dá Juan José Blanco, o alcade mazaricán, logo de que dese a coñecer que non continuaban como socios da entidade supracomarcal. "Preferimos destinar os cartos da cuota anual - uns 3.300€ - a outras asociacións do concello", asegura o nacionalista.
O goberno de Mazaricos pon así fin a unha relación de case 24 anos de duración, xa que o concello é membro de Neria dende a súa constitución - no ano 1992 -. Incluso o anterior alcalde, José Manuel Santos Maneiro, ocupou durante o ano 2000 a presidencia da entidade comarcal.
Máis baixas
Ainda que Juan José Blanco di non saber de ningún outro concello que tome unha decisión como a del, todo parece indicar que non será o único. Así, segundo recolle o xornal La Voz de Galicia de hoxe, a corporación de Malpica estudiará este xoves a súa saída da entidade.
Novas relacionadas
- A Deputación auditará as contas da Neria
- Contra o pasamento do Museo Seo de Corcubión.
- 16-02-15: Piden unha auditoría das contas da Neria.
- Ata a Deputación denuncia as débedas da Asociación Neria.
- 16-02-15: O CMAT podería estar en marcha en varias semanas.
- 04-12-14: Radiografía da Neria por unha ex traballadora.
- 30-11-14: A Neria, en quebra.
- 03-09-14: Denuncian adxudicacións ilegais á Neria.
- As frechas azuis van ao xulgado.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- O Museo sen luz.
- Unha viaxe política para vender o valor turístico do Camiño a Fisterra e Muxía.
- A Neria pon no tellado do Concello de Cee e da Deputación a apertura do C3M.
- 12-09-12: O C3M estará en marcha en marzo de 2013.
- Agardando polos códigos Qr.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)